Þjóðólfr de Hvinir (en nórdico antigo) ou Thjódólf de Hvínir (en inglés), Tjodolv den kvinværske (en noruegués), Thjodolf den Hvinverske (en dinamarqués), Tjodolv av Hvin (en sueco), é un escaldo noruegués que viviu a finais do século IX e comezos do X, na corte de Harald I de Noruega.Ohlmark (1975), p. 169 Foi o autor do Ynglingatal e do Haustlöng,Orchard (1997), p. 160Lindow (2001), p. 16 dúas das fontes de maior antigüidade da mitoloxía nórdica.

Traxectoria Thjódólf é, sen dúbida, orixinario, como o seu nome suxire, do Hvínir (ou Hvinir), unha rexión situada ao redor do fiorde que hoxe leva o nome de fiorde Feda (Fedafjord en noruegués), no territorio do municipio de Kvinesdal, no sur de Noruega.Sturluson - Dillman (2000)

Foi escaldo do rei Harald de Noruega (Hinn hárfagri) e tamén foi "un amigo moi íntimo" do rei (Saga de Harald, o de fermosa cabeleira, 26),Sturluson - Dillmann (2000) como titor do seu fillo Gudrod ljómi.

Obras

O Ynglingatal Ynglingatal significa "Lista dos Ynglingar”. Foi composta por Þjóðólfr, para Rögnvald o Glorioso (ou Heidumhære) un xefe de Vestfold, curmán de Harald I de Noruega. É unha xenealoxía versificada en trinta e sete estrofas da dinastía real sueca de Uppsala, a dinastía Ynglingar (é dicir, descendentes do rei Yngvi ou Yngvi-Freyr), na que se mencionan vinte e sete antepasados do rei. A enumeración comeza co lendario rei Fjölnir e se indica, en cada caso, o xeito en que morreu e o lugar do seu enterramento.

O Ynglingatal serviulle como fonte a Snorri Sturluson para escribir a súa Saga Ynglingar.Lindow (2001), p. 23 Así o recoñece no prólogo da súa Heimskringla ou Historia dos Reis de Noruega (da que a Saga dos Ynglingar constitúe a primeira parte), e cítao sistematicamente na súa saga. Con todo, na medida en que Snorri afirma no seu prólogo que trinta devanceiros de Rognvald están no Ynglingatal, é posible que a parte inicial desaparecese.

A Haustlöng Snorri tamén transmitiu o Haustlöng (Skáldskaparmál, 17, 22). O seu nome significa "Outono longo", que quizais se refira ao tempo que o escaldo empregrou na composición. Do mesmo xeito que o Ragnarsdrápa, a Haustlöng describe escenas mitolóxicas representadas sobre un escudo que lle fora ofrecido ao escaldo por Thorleif o sabio (spaki). Con vinte estrofas (pero quizais fose máis longo na orixeHollander (1947), p. 39) escrito en dróttkvaett, o que se conserva céntrase en dúas escenas mitolóxicas: o poema que narra a traizón de Loki a Iðunn, a "cura da vellez" dos Æsir, que foi raptada polo jǫtunn Þjazi en forma de aguia e o que narra o vitorioso combate de Thor contra o máis forte dos jǫtnar, Hrungnir.

Outras estrofas No seu Edda (Gylfaginning, 2 e Skáldskaparmál, 2), Snorri tamén atribúe a Thjódólf dúas estrofas hoxe consideradas como parte do Haraldskvæði ou Hrafnsmál, obra doutro escaldo na corte de Harald I, Thórbjörn hornklofi.Orchard (2002)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Nados en Noruega Categoría:Finados no 930 Categoría:Viquingos