miniatura|Traxectoria de Kwangmyongsong 3-2 sobre a superficie da Terra. Kwangmyongsong, ou abreviadamente KMS, é o nome dunha serie de satélites artificiais de Corea do Norte.

Características Baixo a denominación Kwangmyongsong agrúpase unha serie de satélites heteroxéneos con diferentes finalidades, non sempre claras. A maior parte de satélites Kwangmyongsong non chegaron a órbita debido á inexperiencia do estado norcoreano en lanzadores espaciais.

Kwangmyongsong 1 Kwangmyongsong 1 ou KMS 1 foi o primeiro intento de Corea do Norte por poñer un satélite en órbita. Foi lanzado o 30 de agosto de 1998 a bordo dun Taepodong-1, pero o fallo da terceira etapa do foguete impediu que entrara en órbita. KMS 1, cunha masa estimada duns 30 kg e forma de poliedro aproximadamente esférico, estaba destinado a radiar cancións de propaganda unha vez no espazo.

Kwangmyongsong 2 O segundo intento do país en poñer un satélite en órbita tamén fallou. KMS 2 tiña forma de caixa e levaba a bordo un sistema de comunicacións. Foi lanzado o 5 de abril de 2009 mediante un foguete Unha-2, que non conseguiu poñelo en órbita.

Kwangmyongsong 3 e 3-2 Houbo dous satélites da serie Kwangmyongsong: o orixinal e o Kwangmyongsong 3-2. Tiñan unha masa de 100 kg e unhas dimensións de 1,4 x 0,6 x 0,7 m. A alimentación eléctrica era proporcionada tanto por células solars no corpo do satélite como por dous paneis solares despregables. A súa función era de observación terrestre, levando unha cámara a bordo. O primeiro KMS 3 foi lanzado o 12 de abril de 2012 mediante un foguete Unha-3, fallando. O segundo foi lanzado exitosamente cun foguete do mesmo modelo o 12 de decembro de 2012.

Kwangmyongsong 4 Kwangmyongsong 4 era un satélite de observación terrestre duns 200 kg de masa equipado cunha cámara de televisión, forma de caixa e paneis solares. Foi lanzado o 7 de febreiro de 2016 mediante un Unha 3 e posto en órbita, pero non se detectaron transmisións desde o mesmo e aparentemente o satélite xiraba sen control.

Historial de lanzamentos

MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasKwangmyongsong 130 de agosto de 1998Taepodong-1FalloKwangmyongsong 25 de abril de 2009Unha 2FalloKwangmyongsong 312 de abril de 2012Unha 3FalloKwangmyongsong 3-212 de decembro de 2012Unha 3ÉxitoKwangmyongsong 47 de febreiro de 2016Unha 3Fallo parcial

Notas

Véxase tamén Outros artigos Unha-2 Unha-3 Taepodong-1

Categoría:Satélites artificiais