1/4 thistle merk de Xacobe VI260x260pxIACOBVS • D• G • R • SCOTORVM, escudo de armas coroado.REGEM • IOVA • PROTEGIT • 1602, cardo coroado.Thistle merk. 1602. AG. 21 mm. 1,60 g. "¼ Thistle Merk - James VI". Numista.
O merk foi unha moeda escocesa de prata que circulou desde finais do século XVI ao século XVII, inicialmente co valor de 13 xilins e 4 peniques escoceses (2/3 da libra escocesa ou medio dólar escocés), aínda que posteriormente adquiriu o valor de 14 xilins."Merk". En Frey, A. R. (1916). Páxina 148.Grueber, H. (1899).Stewart, I. (1955)."Scots Money". Pierre-marteau.com
Historia ½ merk (noble) de Xacobe VI (1567-1603)260x260pxIACOBVS · 6 · DEI · GRATIA · REX ·SCOTORVM ·. Armas reais coroadas. 6 (xilins) e 8 (peniques) aos lados.· SALVVM · FAC · POPVLVM · TVVM ·DNE ·. Cruz adornada con estrela no centro.½ merk (noble). 1577. AG. 32 mm. 6,57 g. "½ Merk - James VI". Numista. Merk de Carlos II (1660-1685)260x260pxCAROLVS · II · DEI : GRA ·; busto real cara á dereita.: MAG BRI · FRA ET · HIB REX ·; armas dispostas en cruz e valor no centro.Merk. 1671. Ceca de Edimburgo. AG. 26 mm. 6,19 g. "1 Merk - Charles II". Numista. 1/4 merk (1/16 dólar) de Carlos II260x260px· CAROLUS · II · · DEI · GRA ·; busto real laureado cara á esquerda.SCO · ANG · FRA · ET · HIB · REX ·; cruz de Santo André con coroa no centro.1/4 merk (1/16 dólar). 1678. AG. 16 mm. 1,61 g. "1/16 Dollar - Charles II". Numista.
Xacobe VI (1567-1603)
No estudo da numismática de Xacobe distínguense adoito dous períodos: o primeiro (1567-1603) é o anterior ao seu ascenso ao trono de Inglaterra e o segundo (1603-1625) é xa co título de Xacobe VI de Escocia e I de Inglaterra (neste segundo período non se cuña o merk nin as súas fraccións). No primeiro período considéranse oito series numismáticas diferentes.Burgess, F. W. (2000). Chats on Old Coins. Asian Educational Services. Nova Deli. Páxina 301.
Foi na segunda destas series de emisións, en 1572, cando se cuñou por vez primeira unha moeda de prata de medio merk, que recibiu tamén o nome de noble de prata. Nos seus anversos amosaba o escudo de Escocia coroado e, a ambos os lados, a indicación do seu valor: 6 - 8 (seis xilins e 8 peniques), todo iso rodeado pola lenda IACOBVS 6 DEI GRATIA REX SCOTORVM. Nos seus reversos representábase unha cruz cunha estrela no centro, e nos seus cuarteis alternaban dúas coroas e dous cardos (un dos símbolos nacionais escoceses), xunto coa lenda SALVVM FAC POPVLVM TVVM DNESalvum fac populum tuum domine ("salva o teu pobo, SSeñor) é un verso do himno cristián Te Deum laudamus. e o ano de cuñaxe. Esta moeda cuñouse entre os anos 1572 e 1577, e en 1580. Simultaneamente cuñouse tamén unha moeda de 1/4 merk, chamada tamén medio noble, coa mesma tipoloxía e as mesmas lendas, aínda que coa metade de peso e valor (indicado como 3 - 4), nos anos 1572-1574, 1576-1577 e 1580."¼ Merk - James VI". Numista.
Aínda na segunda serie, en 1578 introducíronse novos tipos coa figura característica dun gran cardo no reverso. O dobre mark (ou dólar) de Xacobe VI repetía no anverso a lenda do primeiro ½ merk, en torno ao escudo coroado de Escocia; o cardo dos reversos represéntase coroado e con follas, coa lenda NEMO ME IMPVNE LACESSET,Nemo me impune lacessit ("ninguén pode provocarme impunemente) é o lema da Orde do Cardo. que foi suxerida polo humanista e poeta escocés George Buchanan (1506-1582)."Merk ". En Martinori, E. (1915). Páxina 281. Este dobre merk foi cuñado entre 1578 e 1580, xunto co merk, co que compartía a tipoloxía."Double merk" e "Thistle dollar". En Frey, A. R. (1916). Páxinas 70 e 241.
Durante a sexta serie de emisións (1591-1593), en 1591 emitiuse novamente o valor de ½ merk, que retoma para os anversos o escudo escocés co león, en tanto que o novo motivo principal dos reversos é agora unha balanza (polo que se coñece como balance half merk), e detrás unha espada, rodeadas pola lenda HIS DIFFERT REGE TYRANNVS. Xunto con esta moeda emitiuse tamén a de 1/4 merk, cos mesmos tipos. A de medio merk cuñouse en 1591-1593, mentres que a dun cuarto só se cuñou en 1591."Balance ½ Merk - James VI". Numista."Balance ¼ Merk - James VI". Numista.
Xa na oitava serie (1601-1604), produciuse a derradeira cuñaxe do merk, xunto coas fraccións de medio, un cuarto e un oitavo, a nome de Xacobe VI. Nesta serie recuperouse como motivo principal do reverso o cardo (o que lle dá o nome de thistle merk), que nesta ocasión estaba rodeado pola lenda REGEM IOVA PROTEGIT ("Xehová protexe o rei")."Thistle Merk", "1/2", "1/4" e "1/8". Numista.
Carlos I (1625-1649) Nun momento en que a Casa da Moeda de Edimburgo comezaba a adaptarse para as primeiras cuñaxes mecanizadas, mediante unha prensa de volante, en 1636 prodúcese unha nova emisión de moedas de medio merk, aínda cuñadas a martelo. Nos seus anversos representábase o busto real cara á esquerda, coa lenda CAROLVS · D · G · SCOT : ANG : FR : & · HIB · R · ("Carlos, pola graza de Deus, rei de Escocia, Inglaterra, Francia e Irlanda") e a marca do valor á dereita do busto, consistente nun monograma composto por VI e 8. No reverso, o escudo real coroado, coas armas de Escocia nos cuarteis I e IV, rodeado pola lenda CHRISTO AUSPICE REGNO ("reino baixo o auspicio de Cristo")."½ Merk - Charles I 2nd Coinage". Numista.
E o ano seguinte iniciouse unha nova serie de emisións no período de Carlos I, para a que xa se xeneralizou o uso da prensa de volante.Stewart, I. (1955). Páxinas 105-111. Con esta nova tecnoloxía de cuñaxe emitiuse novamente a moeda de medio merk, cunha tipoloxía case idéntica á do ano anterior, aínda que cun tamaño algo inferior (24 mm, en lugar dos 28 mm da moeda de 1636)."½ Merk - Charles I 3rd Coinage". Numista.
Carlos II (1660-1685) Logo do período da Commonwealth de Inglaterra (1649-1660), no que non se produciu cuñaxe ningunha en Escocia, as emisións de moeda de prata a nome de Carlos II retomáronse na ceca de Edimburgo en 1664.Craig, J. (1953). Páxinas 147-149.
Baixo este reinado producíronse dúas series de emisións. Na primeira (1664-1675) cuñáronse moedas dun merk (anualmente) e de medio merk (só en 1675), ambas cunha tipoloxía semellante: no anverso o busto real cara á dereita, rodeado pola lenda CAROLVS · II · DEI : GRA · ("Carlos II, pola graza de Deus"), e no reverso o escudo coas armas dispostas en cruz, coa letra C en cada cuartel e a marca de valor (XIII 4) no centro, coa lenda MAG BRI · FRA ET · HIB REX · ("Rei de Gran Bretaña, Francia e Irlanda")."1 merk" e "½ merk". Numista.
A segunda serie (1675-1682) veu marcada pola nova denominación de dólar (dollar) para a cantidade de 4 merks. Aínda que non se cuñou a unidade, si que se emitiron moedas fraccionarias de 1/4 dólar (un merk), de 1/8 dólar (medio merk) e de 1/16 dólar (un cuarto de merk)."1/4 dollar", "1/8 dollar" e "1/16 dollar". Numista.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Libra escocesa Moeda escocesa
Bibliografía
Bateson, D, (1987). Scottish Coins. Shire Publications Ltd. ISBN 0-85263-847-7 Belaubre, J. (1996). Dictionaire de Numismatique médiévale occidentale. París. Léopard d'Or. ISBN 2-86377-121-3 Burns, E. (1887). The Coinage of Scotland. Volume I, volume II, volume III. Black, Edimburgo. Craig, J. (1953). The Mint: A History of the London Mint from A.D. 287 to 1948. Cambridge University Press. ISBN 978-0521170772 De Cardonnel, A. (1786). Numismata Scotiæ or a series of the scottish coinage, from the reign of William the Lion to the Union. Edimburgo. G. Nicol. Frey, A. R. (1916). A dictionary of numismatic names; their official and popular designations. American Journal of Numismatics. Vol 50. Grueber, H. (1899). Handbook of the Coins of Great Britain and Ireland in the British Museum. Londres. [Reimpresión en 1970; ISBN 1-4021-1090-1] Holmes, N. (1998). Scottish Coins. Edimburgo. NMS Publishing. ISBN 1-901663-02-7 Martinori, E. (1915). La moneta. Vocabolario generale. Istituto italiano di numismatica, Roma. Mackay, J.; Mussel, J. (2016). Coin Price Guide to British Coins. Token Publishing Ltd. Seaby, P.; Purvey, F. (1984). Coins of Scotland Ireland and the Islands. Sanford J. Durst. ISBN 978-0900652646
Stewart, I. (1955). The Scottish Coinage. Londres. Spink & Son.
Ligazóns externas
Scottish Coins
Categoría:Moedas de Escocia Categoría:Moedas fóra de curso Categoría:Moedas de prata