A cordilleira Verkhoiansk (en ; Verkhoianskii khrebet; en , Üöhee Caañı sis xayata), é unha cadea monstañosa de máis de 1200 km de lonxitude situada no norte de Rusia, a ambos os lados do círculo polar ártico e no centro da Siberia Oriental.

Administrativamente, pertence á república de Sakha da Federación de Rusia.

Xeografía Este macizo forma un grande arco de 1200 km entre os ríos Lena e Aldan no oeste e o río Iana no leste. NA cordilleira nacen moitos ríos: na vertente oriental, Sartang, Durgalach, Yana, Bytantaj e Omoloi e na vertente occidental, ríos máis curtos que verten case todos ao Lena e ao Aldan.

O punto culminante elévase no sur ata os 2049 m. O asentamento máis importante da rexión é Verkhoiansk, na beira do río Iana. Augas abaixo deste río atópase outro poboado, Batagaj.

Na rexión hai xacementos de carbón, prata, chumbo e zinc. A cordilleira está situada xusto ao oeste da unión entre a placa eurasiática e a placa norteamericana.News Archive - The Earth Institute at Columbia University

Clima e flora As temperaturas máis baixas en lugares habitados foron rexistradas nesta rexión, que adoita permanecer cuberta baixo un profundo manto de neve a maior parte do ano. Durante a última glaciación, a cordilleira tiña extensos glaciares. A paisaxe no verán é o típico das montañas alpinas.

A cordilleira é o fogar da tundra alpina, con varias especies de musgos e liques. Atópanse algúns bosques esparexidos principalmente de lárices e Pinus pumila.Verkhoyansk Range // Great Soviet Encyclopedia: [in 30 vols.] / Ch. ed. A.M. Prokhorov. - 3rd ed. - M. Soviet Encyclopedia, 1969-1978.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas NASA picture Chapter 5 Precambrian of the Cover - ScienceDirect

Categoría:Cordilleiras de Rusia