Os Strigopoidea (estrigopoideos) son unha superfamilia de papagaios (Psittaciformes) todos eles endémicos de Nova Zelandia,Nestoridae e Strigopidae descríbense no mesmo artigo de Bonaparte, C.L. (1849) Conspectus Systematis Ornithologiae. Por tanto, segundo as regras do Código Internacional de Nomenclatura Zoolóxica, o primeiro revisor determina a prioridade, o cal é Bonaparte, C.L. (1850), Conspectus Generum Avium, E.J. Brill, Leyden. que consta de polo menos tres xéneros: os vivos Nestor e Strigops, o fósil Nelepsittacus, e probablemente o fósil Heracles. O xénero Nestor consta (segundo os nomes maorís locais) do kea, e de tres especies de kaka, mentres que o xénero Strigops comprende o famoso kakapo.. Os xéneros agrúpanse nunha soa familia (Strigopidae) ou en dúas (Strigopidae e Nestoridae), dependendo da clasificación utilizada. As especies do xénero Nelepsittacus eran endémicas das illas principais, mentres que as dúas especies extintas do xénero Nestor atopábanse en illas oceánicas próximas como a illa Chatham de Nova Zelandia e a illa Norfolk e a adxacente illa Phillip.

O kaka da illa Norfolk (Nestor productus) e o kaka da illa Chatham (Nestor chathamensis) extinguíronse en época recente,BirdLife International (2008). "Nestor productus". IUCN Red List of Threatened Species. 2008. Consultado o 24 de decembro de 2008. mentres que as especies do xénero Nelepsittacus extinguíronse hai 16 millóns de anos. Todas as especies extintas, e as actuais kakapo, kea, e o kaka que queda (coas súas dúas subespecies) están ameazadas.BirdLife International (2008). "Strigops habroptila". IUCN Red List of Threatened Species. 2008. Consultado o 24 de decembro de 2008. BirdLife International (2008). "Nestor meridionalis". IUCN Red List of Threatened Species. 2008. Consultado o 24 de decembro de 2008. BirdLife International (2008). "Nestor notabilis". IUCN Red List of Threatened Species. 2008. Consultado o 24 de decembro de 2008. As actividades humanas causaron dúas extincións e o declive das outras tres especies. Os colonos introduciron especies invasoras, como porcos e falanxéridos, que lles comían os ovos a estas aves que nalgunhas especies facían o niño no chan, e outros declives adicionais foron causados pola súa caza como alimento, matalos por consideralos pragas, perda de hábitat e a introdución de avespas.

A superfamilia diverxeu dos outros papagaios hai uns 82 millóns de anos cando as terras de Nova Zelandia se separaron de Gondwana, mentres que os antepasados dos xéneros Nestor e Strigops diverxeron entre si hai entre 60 e 80 millóns de anos.

Sistemática

Non houbo consenso sobre a taxonomía dos Psittaciformes ata recentemente. A situación das especies dos Strigopoidea foi variable no pasado.Para unha discusió sobre as posicións taxonómicas máis antigas ver Para as toxonomías máis recentes ver Christides. Esta superfamilia é unha das tres nas que se divide a orde Psittaciformes; as outras dúas son as dos Cacatuoidea (cacatúas) e Psittacoidea (papagaios "verdadeiros").Leo Joseph, Alicia Toon, Erin E. Schirtzinger, Timothy F. Wright & Richard Schodde. (2012) A revised nomenclature and classification for family-group taxa of parrots (Psittaciformes). Zootaxa 3205: 26–40 Aínda que algúns taxonomistas inclúen tres xéneros (Nestor, Nelepsittacus e Strigops) na familia única Strigopidae, outros sitúan a Nestor e Nelepsittacus na familia Nestoridae e manteñen só a Strigops na Strigopidae (polo que habería dúas familias). Tradicionalmente, as especies da superfamilia Strigopoidea estaban situadas na superfamilia Psittacoidea, pero varios estudos confirmaron a situación separada deste grupo na base da árbore evolutiva dos papagaios.

Filoxeografía miniatura Propúxose unha hipótese sobre a filoxeografía deste grupo, que proporciona un exemplo de varios mecanismos de especiación en funcionamento. Neste escenario, os antepasados deste grupo quedaron illados do resto dos papagaios cando se separou Nova Zelandia de Gondwana hai uns 82 millóns de anos, o que tivo como resultado a separación física dos dous grupos. Este mecanismo denomínase especiación alopátrica. Co paso do tempo, os antepasados dos dous xéenros superviventes, Nestor e Strigops, adaptáronse a diferentes nichos ecolóxicos. Isto causou un illamento reprodutivo, un exemplo de especiación ecolóxica. No Plioceno, hai uns cinco millóns de anos, a formación dos Alpes do Sur orixinou unha diversificación da paisaxe e proporcionou novas oportunidades para a especiación dentro do xénero Nestor. Hai arredor de tres millóns de anos, unha liñaxe adaptouse ás grandes alturas e outra ás baixas. A liñaxe de grande altura deu lugar aos modernos keas, mentres que a de baixa altitude deu lugar a varias especies de kaka. As poboacións que vivían en illas diverxeron rapidamente das especies das illas principais dando novas especies, unha vez que algunhas poucas aves errantes chegaban a unha illa axeitada e establecíanse nela, quedando illadas. Tanto o kaka da illa Norfolk coma o da illa Chatham son o resultado deste tipo de migración dun número limitado de individuos a illas afastadas e a súa posterior adaptación ao hábitat particular desas illas. A falta de material de ADN do kaka da illa Chatham fai difícil establecer con precisión cando ocorreu este episodio de especiación. Finalmente, en tempos recentes, as poboacións de kaka das illas Norte e Sur quedaron illadas entre si debido á subida do nivel do mar cando os glaciares continentais se fundiron ao final do Plistoceno.

Ata tempos modernos, Nova Zelandia e as illas que a rodean non estiveron habitadas por mamíferos de catro patas (morcegos si había antes), unhas condicións ambientais que permitiron que algunhas aves se adaptasen a facer niños no chan e outras perdesen a capacidade de voar.

As especies de periquito pertencentes ao xénero Cyanoramphus (chamados kakariki en Nova Zelandia) pertencen á superfamilia Psittacoidea dos papagaios "verdadeiros" e están estreitamente relacionados co xénero Eunymphicus endémico de Nova Caledonia. Esta especie, que non é un estrigópido, tamén chegou a Nova Zelandia entre hai 450 000 e 625 000 anos desde Australia pasando primeiro por Nova Caledonia.

Especies Sábese pouco sobre o kaka da illa Chatham. O xénero Nelepsittacus consta de tres especies descritas e unha non descrita atopadas en depósitos do Mioceno en Otago. O xénero Heracles consta dunha especie xigante tamén descrita a partir de restos do Mioceno temperán de Otago.

Nome común maorí local(nome binomial)Status ImaxeDescriciónDistribución e hábitatNestoridae Kea (Nestor notabilis) En perigo 500x150px48 cm de longo. Principalmente verde oliva con partes inferiores e mitra escarlata. Plumas coas beiras escuras. Peteiro marróns escuro, iris, patas e pés. Os machos teñen un peteiro máis longo. Nova Zelandia: Illa SurBosques de altura e matos subalpinos 850–1400 m sobre o nivel do mar. Kaka da illa Sur (Nestor meridionalis meridionalis) En perigo 500x150px Similar ao kaka da illa Norte, pero lixeiramente máis pequeno, cores máis brillantes, o píleo é case branco e o peteiro é máis longo e máis arqueado nos machos. Nova Zelandia: Illa SurÁreas con bosques das árbores Nothofagus e Podocarpus a 450–850 m de altura en verán e a 0–550 m en inverno. Kaka da illa Norte (Nestor meridionalis septentrionalis) En perigo 500x150px Duns 45 cm de longo. Principalmente marrón oliva con beiras das plumas escuras. Partes inferiores, mitra e colar carmesís. Meixelas douradas/marróns. O píleo é cincento. Nova Zelandia: Illa NorteBosques ininterrompidos de Nothofagus e Podocarpus entre os 450–850 m de altura en verán e 0–550 m en inverno. Kaka da illa Norfolk (Nestor productus) Extinto aproximadamente en 1851. 500x150px Dunha lonxitude duns 38 cm. Partes superiores principalmente marrón oliva, meixelas e gorxa laranxas-(avermelladas), peito pardo, coxas, mitra e abdome inferior laranxas escuro. Antes era endémico da illa Norfolk e a adxacente illa PhillipRochas e árbores. Kaka da illa Chatham (Nestor chathamensis) Extinto entre 1550 e 1700Aspecto descoñecido, pero os seus ósos indican unha capacidade de voar reducidaSó coñecido por restos óseos subfósiles. Antes endémico da illa Chatham de Nova ZelandiaBosques.Strigopidae Kakapo (Strigops habroptila) En perigo crítico 500x150pxPapagaios grandes e gordiños de 58 a 64 cm de longo; os machos son máis grandes que as femias e pesan de 2 a 4 kg na madureza. Principalmente verdes con barras con manchas marróns e amarelas, as partes inferiores son amarelo-verdosas. A súa face é pálida e semella algo a dun bufo. Nova Zelandia: illas Maud, Chalky, Codfish e Anchor. Bosques en clímax de Nothofagus e Podocarpus, mato subalpino en rexeneración, praderías nivais de Danthonia a 10–1400 m de altura sobre o nivel do mar.

Nomes comúns locais miniatura|400px|Distribución actual das especies existentes e distribución de todas as anteriores especies extintas de pequenas illas. Xeralmente a estas aves se lles dan os nomes tradicionais maorís (māori). A palabra maorí kākā deriva do antigo protopolinesio e significa 'papagaio'. Kākāpō é unha ampliación lóxica dese nome, xa que pō significa 'noite', polo que sería o 'kākā da noite' ou 'papagaio da noite', o que reflicte os costumes nocturnos da especie. (Na ortografía moderna da lingua maorí, as versións longas das vocais a e o escríbense cun macrón, que é unha raia por riba; é dicir, como ā e ō). A etimoloxía de kea en maorí é menos clara; podería ser onomatopeica da súa chamada que soa como kee-aah.

Ecoloxía miniatura|esquerda|O kea está ben adaptado á vida na zona alpina, como estes nos Alpes do Sur. A montaña máis alta de Nova Zelandia, o monte Aoraki (Monte Cook), vese ao fondo.

A situación illada de Nova Zelandia fixo difícil que os mamíferos chegasen ás illas. Isto reflíctese na ausencia de mamíferos autóctonos que non sexan morcegos. Os principais predadores alí eran as aves: gabiáns, falcóns, bufos e a enorme aguia extinta Harpagornis moorei. Moitas das adaptacións que se encontran na avifauna reflicten o contexto único no cal evolucionaron. Este equilibrio único foi alterado coa chegada dos polinesios, que introduciron nas illas a rata polinesia Rattus exulans e o extinto can polinesio (kuri). Posteriormente, os europeos introduciron moitas máis especies, incluíndo grandes herbívoros e mamíferos predadores.

As tres especies de papagaios existentes desta familia ocupan nichos ecolóxicos bastante diferentes, como resultado das dinámicas filoxeográficas desta superfamilia. O kakapo é unha especie nocturna non voadora, con bo camuflaxe para evitar as aves de presa diúrnas grandes da illa, xa que os bufos locais son demasiado pequenos como para cazar kakapos de noite. O kakapo é a única ave non voadora do mundo que usa un sistema de lek para reproducirse. Xeralmente, reprodúcense só unha vez cada 3–5 anos cando certas árbores podocarpáceas como o Dacrydium cupressinum dan abundantes froitos.

O kea está ben adaptado á vida a grandes altitudes e poden observarse regularmente na neve nas estacións de esquí. Como na zona alpina non hai árbores, aliméntanse no chan en vez de nas árbores como sería típico dos papagaios.

Relacións cos humanos

Importancia para os maorís

Os papagaios foron importantes para os maorís de diferentes maneiras. Cazábanos para comer, tíñanos como animal de compañía e usaban as súas plumas para coselas en roupas como os kahu huruhuru (manto de plumas). Tamén usaban as plumas para decorar a punta da taiaha, unha arma maorí, pero quitábanas no momento da batalla. As peles de kakapo coas plumas unidas utilizábanse para facer mantos (kākahu) e capas de vestidos (kahu kākāpō), especialmente polas viúvas e fillas de xefes. Os maorís gostaban de referirse ao kākā na tauparapara, o encantamento co que empezaba o seu mihi (tributo), porque a súa voz (reo) é continua.

Status