O río Salween, coñecido na China oficialmente como río Nu, é un río duns 2815 km que flúe dende o altiplano do Tíbet ata o mar de Andaman en Asia do sueste.

Drena unha estreita e montañosa conca dun 324 000 km2 que se estende pola China, Myanmar e Tailandia. A súa conca contén unha biodiversidade comparábel coa do río Mekong e é o fogar de sete millóns de persoas. En 2003, áreas clave da rexión foron declaradas pola UNESCO Patrimonio da Humanidade xunto coas Áreas Protexidas dos Tres Ríos Paralelos de Yunnan.Yanfei Sun and Dingxin Zhao, "Environmental Campaigns," in Kevin O'Brien ed. Popular Protest in China, Harvard University Press, 2008.

Os pobos que viven no río Salween están relativamente illados do resto do mundo. O río só é navegábel nos primeiros 90 km dende a súa desembocadura, e tan só na estación das chuvias.

No século XX comezou a explotación forestal nas montañas arredor do Salween e danou a ecoloxía do río. Houbo tamén numerosas propostas de construír encoros no río, tanto na parte chinesa como na de Myanmar, que provocaron protestas sociais e ambientais e unha ampla oposición.

Nomes Salween, oficialmente río Thanlwin, é unha transcrición do birmano (|θàɰ̃lwɪ̀ɰ̃ mjɪʔ|). O nome do río noutras linguas locais é en , en phlone: ; en S'gaw Karen ဃိၣ်လီၤကျိ; e en (|san lon|).

Na China, o río coñécese como río Nu ou Nujiang (,Nù Jiāng), polo pobo nu que vive na rexión. Entre os tai de Yunnan, é o río Hong (lingua tai nuea: xoong; lingua tai long: xuung). A parte alta no Tíbet coñécese como Nagqu (, Wylie: nag chu, ZYPY: Nagqu), "río negro" ().

Historia A ruta de Birmania foi construída entre 1937 e 1938 durante a segunda guerra chinesa-xaponesa e cruzaba o río na ponte Huitong. A ponte foi destruída polo exército chinés en retirada e o río converteuse en liña de fronte entre 1942 e 1944.

A campaña do Salween durante a segunda guerra mundial lanzouse para liberar a parte ocupada da China e abrir de novo a ruta de Birmania e conectala coa ruta de Ledo.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Phoel, Cynthia M., "Bargaining Power", en Oxfam Exchange, outono de 2004. Ligazóns externas Salween River Watch NGO Three Parallel Rivers of Yunnan Protected Areas Three Parallel Rivers Protected Area NuJiang River Project Salween First Descent Water Diversion from the Salween to the Chaophraya River Joint Statement of Concern by Shan Civil Society Organizations Regarding Public Meeting by Burmese Government and Hydrochina to Promote Dams on the Salween and Nam Ma Rivers

Categoría:Ríos da China Categoría:Xeografía de Myanmar Categoría:Ríos de Tailandia