O río Liao (en , simplificado: 辽河, pinyin: Liáo Hé) é un río da China. Con 1345 km, trátase do principal curso de auga do sur de Manchuria.

O seu nome deriva da rexión de Liao, nome histórico do sur de Manchuria. O río tamén é chamado popularmente "río nai" no noroeste da China. Ten un percorrido de 1345 km e unha conca duns 232 000 km2, mais o seu caudal medio é banstante pequeno.

O río Liao toma o seu nome despois da confluencia de dous cursos de auga distintos, o Xiliao (literalmente, o "Liao do oeste") e o Dongliao (o "Liao do leste"). O Xiliao (en chinés, 西辽河 ; en mongol, Xar Mörön; escrito en chinés 西拉木伦河, Xila Mulun Hei), é o máis longo destes dous cursos de auga, provenientes do oeste.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Ríos da China