miniatura|150px|Lanzamento dun KH-5. KH-5 (Keyhole-5) ou Argon, parte do programa Corona, foi unha serie de satélites de recoñecemento operados pola CIA que contou con dúas variedades.
KH-5 baseado no Agena B A primeira variedade de KH-5 estaba baseado na etapa superior do foguete Agena B, que proporcionaba control de actitude unha vez en órbita. A cápsula de retorno da película tiña o seu propio retrofoguete de propelente sólido para regresar á Terra e era recollida mentres estaba aínda no aire mediante un avión especialmente equipado. A carga útil de cada KH-5/Agena B consistía nunha única cámara Corona panorámica cunha resolución de 140 m. Lanzáronse sete KH-5/Agena B entre 1961 e 1962, todos mediante foguetes Thor Agena B, con só dúas misións (a quinta e a sétima) producindo imaxes útiles. Dous dos lanzamentos fallaron.
KH-5 baseado no Agena D Similares aos KH-5/Agena B, usaban unha etapa final dos Agena D como corpo do satélite. Levaban igualmente unha cámara Corona panorámica de 140 m de resolución. Lanzáronse cinco KH-5/Agena D entre 1963 e 1964 usando Thor Agena D, un deles fallando por problemas no foguete lanzador.
Historial de lanzamentos
MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasKH-5 117 de febreiro de 1961Thor Agena BÉxito. Modelo KH-5/Agena B.KH-5 28 de abril de 1961Thor Agena BÉxito. Modelo KH-5/Agena B.KH-5 38 de xuño de 1961Thor Agena BFallo. Modelo KH-5/Agena B.KH-5 421 de xullo de 1961Thor Agena BFallo. Modelo KH-5/Agena B.KH-5 515 de maio de 1962Thor Agena BÉxito. Modelo KH-5/Agena B.KH-5 61 de setembro de 1962Thor Agena BÉxito. Modelo KH-5/Agena B.KH-5 79 de outubro de 1962Thor Agena BÉxito. Modelo KH-5/Agena B.KH-5 826 de abril de 1963Thor Agena DFallo. Modelo KH-5/Agena D.KH-5 929 de agosto de 1963Thor Agena DÉxito. Modelo KH-5/Agena D.KH-5 1029 de outubro de 1963Thor Agena DÉxito. Modelo KH-5/Agena D.KH-5 1113 de xullo de 1964Thor Agena DÉxito. Modelo KH-5/Agena D.KH-5 1221 de agosto de 1964Thor Agena DÉxito. Modelo KH-5/Agena D.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos KH-1 KH-2 KH-3 KH-4 KH-6 KH-7 KH-8 KH-9 KH-10 KH-11 Thor Agena B Thor Agena D Agena B Agena D
Categoría:Satélites artificiais