miniatura|Cadeira de rodas manual. Unha cadeira de rodas é unha cadeira montada sobre rodas que é utilizada por persoas con dificultades motrices, podendo ser movida manual ou electronicamente polo ocupante ou empurrada por alguén. Por ser amplamente utilizada por persoas con discapacidade física, é tamén utilizada como símbolo que indica acceso a persoas con necesidades especiais. Despois de fabricadas, moitas cadeiras de rodas pasan por terapeutas ocupacionais para seren adaptadas ao usuario.
Historia A primeira cadeira de rodas documentada foi feita para Filipe de Habsburgo, rei da Unión Ibérica, no século XVI, cando sufría de problemas de mobilidade debidos á gota e artrose. Este dispositivo, denominado en castelán silla de un inválido, era unha cadeira de brazos con rodas e un repousapés que facilitaba o desprazamento do monarca.
Co paso dos séculos, o deseño das cadeiras de rodas foi evolucionando para ofrecer mellor soporte e mobilidade aos usuarios. A primeira patente moderna foi rexistrada en 1869.
Na actualidade, as cadeiras de rodas adaptáronse para acomodar diversas necesidades e actividades, como é o caso das cadeiras de rodas deportivas, eléctricas ou as deseñadas especificamente para nenos.
Tipos de cadeiras de rodas Existen diferentes tipos de cadeiras de rodas, deseñadas para satisfacer diversas necesidades dos usuarios. Entre elas atopamos:
Cadeiras de rodas manuais: Requiren que o usuario mova a cadeira empuxando as rodas ou que sexa empurrada por outra persoa. Cadeiras de rodas eléctricas: Equipadas con motores eléctricos para proporcionar mobilidade sen esforzo físico por parte do usuario. Cadeiras de rodas deportivas: Deseñadas para actividades deportivas como o baloncesto en cadeira de rodas ou a esgrima en cadeira de rodas. Cadeiras de rodas pediátricas: Adaptadas para satisfacer as necesidades dos nenos en crecemento. Cadeira de rodas movida por ondas cerebrais: En 2017, foi presentada na Coruña unha cadeira de rodas guiada por ondas cerebrais, desenvolvida pola start-up galega Handytronic.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Accesibilidade Barreira arquitectónica Xogos paralímpicos Xogos Paralímpicos de Verán
Categoría:Discapacidade Categoría:Vehículos Categoría:Cadeiras