A Gran Cordilleira Divisoria (en ) é a cadea de montañas máis importante de Australia. Esténdese por máis de 3500 km, dende o extremo nordés de Queensland, ao longo de toda a costa oriental atravesando Nova Gales do Sur, e o estado de Victoria máis ao sur, ata o extremo sur do continente, onde torce cara ao oeste e finaliza na inmensa planicie central nos montes Grampianos, en Victoria.
O punto máis elevado na Australia continental é o Monte Kosciuszko (2228 m), e todas as outras zonas alpinas do país australiano forman parte desta cordilleira. As zonas máis altas, na zona sur de Nova Gales do Sur e o leste de Victoria, son chamadas os Alpes australianos.Shaw, John H., “Collins Australian Encyclopedia”, William Collins Pty Ltd., Sydney, 1984, ISBN 0 00 217315-8
Historia miniatura|Sinal en Kings Highway entre Braidwood e Bungendore, Nova Gales do Sur A Gran Cordilleira Divisoria formouse durnante o carbonífero, hai uns 300 millóns de anos, cando Australia colisionou co que agora son partes de Suramérica e Nova Zelandia.
Nas montañas habitaban pobos aborixes australianos tales como os kulin e tiveron un papel significativo na exploración de Australia polos colonizadores europeos. Un dos primeiros exploradores en cruzar a cordilleira foi Gregory Blaxland, seguido por exploradores australianos como Allan Cunningham, John Oxley, Hamilton Hume e Charles Sturt.
Cara a fins da década de 1820 as pradarías máis fértiles próximas ás montañas xa foran exploradas e creáranse algúns asentamentos de colonos. Estes incluían as rexións de Gippsland e Riverina no sur, ata as planicies de Liverpool e os Darling Downs no norte.
Características Todas as zonas alpinas da parte continental de Australia, incluíndo a súa montaña máis elevada, o monte Kosciuszko (2228 metros), forman parte desta cordilleira. As zonas máis elevadas no sur de Nova Gales do Sur e leste de Victoria chámanse Alpes australianos.
O núcleo central da Gran Cordilleira Divisoria posúe centos de picos e atópase rodeado por moitas outras montañas menores, canóns, vales e planicies. Algunhas das principais planicies e mesetas son High Plains do sueste australiano, as Terras Altas Centrais e as planicies de Bogong High de Victoria. Outras mesetas que se consideran parte da Gran Cordilleira Divisoria son a meseta Atherton, as mesetas do Norte, a zona vitivinícola de Canberra e as mesetas do Sur.
As montañas Azuis, a serra de Bunya, a cadea Liverpool, a cadea McPherson e a cadea Moonbi son algunhas das serras menores que forman a cordilleira. Mentres que algúns dos picos das terras altas alcanzan alturas apenas por riba de 2000 metros, a idade e a erosión da cordilleira fan que a maioría dos montes non sexan excesivamente empinados, e por iso case todos os picos poden ser ascendidos sen a necesidade de equipo especial de montaña.
Nalgunhas áreas, tales como a serra de Snowy, os Alpes Victorianos, o Scenic Rim e os riscos da zona leste de New England, as terras altas forman unha importante barreira. Noutras áreas as pendentes son suaves e en certas zonas a cadea é apenas perceptible. Algúns dos pasos máis coñecidos a través das montañas son o paso de Cunningham, o paso do Cabalo Morto e o paso da Araña.
Captación de auga Nas zonas baixas realízanse actividades de explotación forestal, o que é motivo de friccións cos conservacionistas. As montañas son tamén a fonte de practicamente toda a subministración de auga da zona leste de Australia, tanto mediante auga de escorredura que se capta en diques, como mediante a gran conca artesiana.
A Gran Cordilleira Divisoria divide as concas de captación de regatos e ríos que flúen directamente cara ao océano Pacífico na costa leste de Australia, dos regatos e ríos da conca do Murray-Darling que flúe cara ao centro do continente.
Áreas protexidas Unha gran parte da cordilleira atópase dentro dunha serie de parques nacionais e outras reservas incluídos o parque nacional Alpino, o parque nacional das Montañas Azuis, o parque nacional Heathcote-Greytown e o Parque Mount Worth State.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Australian rocks and mountains Australian Explorer Crossing the Great Dividing Range Northern Rivers (NSW) Geology Blog – Great Dividing Range
Categoría:Xeografía de Australia Categoría:Cordilleiras de Oceanía