Bonnie St. John, nada en Detroit o 7 de novembro de 1964, é unha ex esquiadora paralímpica estadounidense. A St. John amputáronlle a perna dereita debaixo do xeonllo cando tiña 5 anos. É a primeira afroamericana en gañar medallas nuns Xogos Paralímpicos de Inverno como piloto de esquí, e a primeira afroamericana en gañar medallas en calquera evento paralímpico.St. John, Bonnie. "I Began Skiing With the Amputee Club." www.beyondtheultimate.org. Consultaod o 25 de maio de 2017. St. John gañou medallas de bronce e prata en varios eventos de esquí alpino durante os Xogos Paralímpicos de Inverno de 1984 celebrados en Innsbruck."Bonnie St. John, United States of America: Alpine Skiing." www.paralympic.org. Consultado o 5 de novembro de 2019.Turner, Patricia. "Exclusive With the First African-American Olympian Champion in Alpine Skiing: Bonnie St. John." www.megadiversities.com, 17 de agosto de 2012. Despois de graduarse en Harvard e obter unha bolsa Rhodes, St. John continuou a súa exitosa carreira corporativa, primeiro en vendas con IBM, logo como consultora corporativa. Tamén escribiu seis libros, un deles coa súa filla Darcy e o seu actual esposo, Allen P. Haines.

Traxectoria Bonnie St. John naceu en Detroit o 7 de novembro de 1964 e criouse en San Diego, California."Spotlight on Bonnie St. John." www.vyneworld.com, 5 de agosto de 2009. Wayback Machine. Consultado o 14 de agosto de 2015. A súa nai, Ruby Cremaschi-Schwimmer, era directora de Lincoln High School (San Diego)."Skiing Rhodes Scholar Tells of Uphill Battle." The New York Times, 17 de decembro de 1985. Consultado o 7 de xullo de 2016."Departure of Lincoln's Principal Teaches Hard Lesson in Reality." Los Angeles Times, 8 de xullo de 1990. Consultado o 8 de xullo de 2016."Obituary: Dr. Ruby Cremaschi-Schwimmer." The San Diego Union Tribune, 4 de xaneiro de 2007. www.legacy.com. Consultado o 25 de maio de 2017. O seu pai, Lee St. John, abandonou a súa nai antes de que ela nacese."Bonnie St. John: Author, Speaker, Olympic Medal Winner." www.herstorynetwork.com, 26 de abril de 2012. Wayback Machine. Consultado o 8 de xullo de 2020. Máis tarde, a súa nai casou cun home maior, que abusou fisicamente de St. John e a súa irmá máis vella. Debido a unha afección chamada trastorno focal prefemoral, a St. John amputáronlle a perna dereita por baixo do xeonllo cando tiña 5 anos. Despois de graduarse magna cum laude da Universidade Harvard en 1986, St. John gañou unha bolsa Rhodes para o Trinity College de Oxford,"Oxonian Olympians." www.ox.ac.uk, 15 de agosto de 2012. Wayback Machine. Consultado o 20 de setembro de 2012. onde obtivo o seu posgrao en economía en 1990.

Carreira deportiva Nos Xogos Paralímpicos de Inverno de 1984 en Innsbruck, Austria, St. John gañou dúas medallas de bronce, unha no slálom, e outra pola proba de slálom xigante, amba na categoría LW2. Tamén participou no descenso LW2, quedando en sétima posición. Recibiu unha medalla de prata pola proba de combinada alpina na clase LW2, o que lle valeu a distinción de ser a segunda muller máis rápida no mundo cunha soa perna nese ano.

Carreira literaria St. John escribiu seis libros: Succeeding Sane; Getting Ahead at Work Without Leaving Your Family Behind; Money: Fall Down? Get Up!; How Strong Women Pray; Live Your Joy; e escribiu coa súa filla adolescente, Darcy Deane, How Great Women Lead. Xuntas, viaxaron por varios países do mundo onde coñeceron mulleres líderes, como Hillary Clinton, Condoleezza Rice, Ellen Johnson-Sirleaf, ou a directora de operacións de Facebook, Sheryl Sandberg. O seu último libro é Micro-Resilience, creado xunto co seu esposo Allen Haines."Books - Bonnie St. John." www.bonniestjohn.com. Consultado o 3 de novembro de 2019.

Notas

Categoría:Nados en 1964 Categoría:Nados en Detroit Categoría:Alumnos da Universidade Harvard Categoría:Medallistas paralímpicos de prata polos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas paralímpicos de bronce polos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas nos Xogos Paralímpicos de Inverno de 1984