Alfonso Dámaso Rodrigo Méndez, nado en Bande o 7 de abril de 1895 e finado en Pontevedra o 5 de setembro de 1936, foi un mestre e político galego.

Traxectoria Fillo do mestre Joaquín Rodrigo. Militar, era sarxento de artillaría. Fíxose mestre. Foi mestre en Meira e en 1928 foi trasladado a Porto (Salvaterra de Miño).El Pueblo Gallego, 17-6-1928, p. 16. Despois foi mestre de Padriñán. Organizou as Conferencias Pedagóxicas celebradas en Sanxenxo en 1932. Coordinou a vista das Misións Pedagóxicas a Vilalonga a finais de maio de 1934. Organizou coa mestra Bernarda Pereira Solla a festa escolar do 14 de xullo de 1935. Fundador e secretario da Agrupación Socialista de Sanxenxo, estaba afiliado á UGT. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido, pero deixárono libre. Foi suspendido de emprego e soldo a finais de agosto.El Pueblo Gallego, 1-9-1936, p 10. Novamente detido, a noite do 5 de setembro, coa desculpa dun traslado da prisión de Pontevedra á de Caldas de Reis, foi paseado ás aforas de Pontevedra en aplicación da "lei de fugas". O seu cadáver nunca foi atopado. O xuíz militar de Pontevedra publicou unha requisitoria solicitando a súa presentación a finais de outubro.Progreso, 23-10-1936, p. 2.

Vida persoal

Casou con Bernarda Pereira Solla en 1923.El Diario de Pontevedra, 2-6-1923, p. 2. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Bernarda Pereira Solla. Do gris ao violeta

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia

Categoría:Nados en Bande Categoría:Nados en 1895 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos