José María López Planelles, nado en Madrid o 17 de agosto de 1995, máis coñecido como Pepe López, é un piloto español de rallys. Foi dúas veces campión de España de rallys de asfalto e outras dúas do Súper Campionato de España, en 2019 e 2020. Tamén ten participado no Campionato Mundial de Rallyes e no Campionato de España de Rallys de Terra entre outros.
Traxectoria Debutou con once anos no mundo do karting dentro dun programa de selección piloto da Federación Madrileña, pero un accidente fíxolle coller medo polo que probou sorte no enduro. Aos dezaseis anos volveu probar no automobilismo, debutando na modalidade de autocross. Con só 18 anos debutou nos rallys, participando no Rally Príncipe de Asturias de 2013 cun Citroën DS3 R1. Ao ano seguinte debutou no Campionato do Mundo e participou regularmente no nacional de asfalto e no de terra co galego Cándido Carrera como copiloto. En 2015 trasladouse a Francia para participar na Peugeot 208 Rally Cup co apoio de Carlos Sainz e Peugeot e tendo por copiloto a Borja Rozada, co que segue na actualidade. Aínda que a súa intención inicial era loitar na categoría júnior, os bos resultados obtidos fixérono optar a algo máis, e na súa segunda tempada de participación acabou proclamándose campión, sendo o piloto máis novo en logralo. En España, co apoio de Teo Martín, logrou gañar nas categorías júnior e dúas rodas motrices do nacional de terra.
Despois deste éxito, de novo co apoio de Peugeot, deu o salto ao Campionato de Europa de Rallys, dentro da categoría ERC Junior U28 con resultados modestos e varios abandonos. Finalizado o contrato coa marca francesa, quedou sen financiamento de tal xeito que non competiu durante máis de seis meses. Finalmente atopou no equipo portugués Sports & You, distribuidor oficial de Peugeot Sport para España e Portugal, o apoio necesario para volver competir. Grazas a isto volveu ao nacional de asfalto onde conseguiu a súa primeira vitoria absoluta, no Rally de Ferrol de 2018 aos mandos dun Citroën DS3 R5.
Bicampión de España En 2019 asinou con Citroën, marca coa que logrou un podio no recentemente estreado Súper Campionato de España de Rally, cun terceiro posto no Rally de Lorca e posteriormente conseguiu a súa segunda vitoria absoluta no Rally Sierra Morena, a primeira. cita do nacional de asfalto, situándoo líder do campionato por primeira vez na súa carreira. Gañou de novo na segunda proba, Canarias, tras un man a man co ruso Alexey Lukyanuk. A continuación sistiu ao Rally Terra da Auga, terceira proba do S-CER onde quedou segundo por detrás de Xavi Pons, e no Rally de Ourense obtivo a súa terceira vitoria do ano, nunha proba onde abandonaron os seus principais rivais, Pons e Iván Ares. Isto deixou a Pepe líder do Súper Campionato e do nacional de asfalto, polo que decidiu ir a Lalín para disputar o Rally do Cocido, a quinta cita do CERA, para ter opcións para o título. Por problemas loxísticos tivo que inscribirse co Citroën C3 R5 de Víctor Senra no canto da súa unidade habitual. A pesar de liderar a proba, abandonou no oitavo tramo despois dunha saída de pista. Venceu logo en Ferrol e sumou outro abandono no Princesa de Asturias. En Llanes logrou, cunha ampla vantaxe sobre Ares, a súa quinta vitoria da tempada. Os problemas mecánicos no seu Citroën impedíronlle pasar do terceiro posto en Cantabria, con todo, no Rally de La Nucía-Mediterráneo, fíxose co triunfo e proclamouse campión de España matematicamente debido ao abandono de Ares. Na última cita do ano, Madrid foi segundo na clasificación xeral e primeiro no Súper Campionato por diante de Pons, logrando así tamén dito título.
Para a tempada 2020 enfrontouse ao campionato WRC 3 co apoio do Rallye Team Spain, participando na primeira cita do calendario, Montecarlo, onde non puido rematar despois dun golpe o primeiro día que o lastrou para o resto da proba, polo que rematou abandonando. A continuación disputou o Rally Terras Altas de Lorca, do nacional de terra, onde acabou segundo por detrás de Nil Soláns. O nacional de asfalto comezou en xullo, atrasado pola pandemia por coronavirus e con menos probas no calendario. A primeira proba da tempada foi o 53º Rally de Ourense, onde Pepe López mantivo unha loita con José Antonio "Cohete" Suárez, ata que o asturiano picou unha roda no último treito, sendo a vitoria para López con Iván Ares segundo. O man a man con Suárez repetiuse na segunda proba, o 51º Rally de Ferrol, onde se volveu impoñer López, a pesar do liderado inicial do asturiano, por só catro segundos. Disputou aínda dúas probas máis en Galicia: o Rally Terra da Auga, onde abandonou por accidente, e o Rally Rías Altas Histórico, no que participou cun Peugeot 205 Proto. No Rally Princesa de Asturias quedou segundo por detrás de Suárez e por diante de Ares, resultado que se repetiu na cuarta proba, o Rally de La Nucía-Mediterráneo. Unha semana despois conseguiu a súa primeira vitoria no nacional de terra, despois de varios podios nos últimos dous anos. Foi na terceira e derradeira proba, o Rally de Terra de Madrid, onde superou por sete segundos ao Škoda Fabia de Nil Solans, campión final do certame, no que López acabou terceiro.
Resultados
Campionato Mundial de Rallys AnoEquipoVehículo12345678910111213 2014RMC MotorsportFord Fiesta R2MONSUEMEXPORARXCERPOLRetFIN53ALEAUSALSCAT29GBR-02015Peugeot Sport EspañaPeugeot 208 R2MONSUEMEXARXPORCERPOLFINALEAUSCORCAT33GBR-02016Yacar RacingPeugeot 208 R2MONSUEMEXARXPORCERPOLFINALECORCATRetGBR35AUS-02017Peugeot 208 T16MONRetSUEMEXCORARXPORCERPOLFINALECATGBRAUS-02018Sports&youCitroën C3 R5MONSUEMEXCORARXPORCERFINALETURGBRCAT31AUS-02020Pepe LópezCitroën C3 R5MONRetSUEMEXARXPORCERSAFFINTURTURALEGBRGBR-0
Campionato de España de Rallys Ano Equipo Vehículo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 2013 Yacar Racing Mitsubishi Lancer Evo X CNR CAN RBX OUR FER PDA LLA SMO MADRet - 0 2014 RMC Motorsport Ford Fiesta R2 CNR SMORet RBX25 OUR BIERet FER PDA LLA25 CAN 72º 3 Yacar Racing MAD18 2017 Peugeot Rally Academy Peugeot 208 T16 SMO CNR4 ADE OUR FER PDA LLA CAN MED MAD 23 30 2018 Sports&You Citroën DS3 R5 COC SMO ECI ADE OUR FER1 PDARet LLA CAN MED MAD 22ª 37 2019 Citroën Rally Team Citroën C3 R5 SMO1 CNR1 ADE OUR1 COCRet FER1 PDARet LLA1 CAN3 MED1 MAD2 1º 282 2020Citroën Rally TeamCitroën C3 R5OUR1FER1PDA2MED2CNRMAD
Súper Campionato de España de Rally Ano Equipo Vehículo12 3 4 5 6 7 8 2019 Citroën Rally Team Citroën C3 R5 LOR3 ECI1 TDA2 OUR1 AST2 PDARet GRA MAD1 1º 112 2020 Citroën Rally Team Citroën C3 R5 LOR2 FER1 TDARet MED2 MAD1 CNR 1º 76
Campionato de España de Rallys de Terra Ano Equipo Vehículo1 2 3 4 5 6 7 8 2013 Yacar Racing Mitsubishi Lancer Evo X CER LOR URG BIE SER RIO5 21º 23 2014 RMC Motorsport Ford Fiesta R2LORRet TDARet AND BIERet CER20 47º 1 Yacar Racing Citroën DS3 Proto RIORet 2015 Teo Martín Motorsport Peugeot 208 R2LOR13 NAV15 TDA BIE10 CER EST10 MAL10 13º 53 2016 Yacar Racing Peugeot 208 R2LOR6 NAV TDA BIE CER EST CTM POZ 25º 21 2019Citroën Rally Team Citroën C3 R5LOR4 POZ NAV TDA2AST2GRA VOL 7º 92 2020Citroën Rally Team Citroën C3 R5LOR2 TDARetMAD1 3º70
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Sitio web oficial
Categoría:Nados en Madrid Categoría:Deportistas da Comunidade de Madrid Categoría:Pilotos de rally de España Categoría:Nados en 1995 Categoría:Pilotos do Campionato do Mundo de Rally