Sérgio Tannus, nado en Itaperuna (Brasil) o 9 de setembro de 1967, é un compositor, instrumentista e cantante brasileiro.
Traxectoria musical Músico autodidacta, en activo desde os 14 anos en varios xéneros musicais como rock progresivo, blues, heavy, bossa, samba, chorinhos e recentemente, música galega.
Desde 2006 vive en Santiago de Compostela e colaborou con múltiples artistas do mundo da lusofonía, como Uxía, Antonio Zambujo, Carlos do Carmo, Chico César, Lenine, João Afonso, Dulce Pontes, Magín Blanco; en proxectos como Maria Fumaça e CoraSons e nos festivais Cantos na Maré, Festigal, Apóstolo e O mar nunha flor, entre outros.
En 2012 comezou a súa carreira en solitario. Discografía
Son Brasilego, Fol música, 2012. Alegria, Editorial Galaxia, 2015.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Entrevista a Sérgio Tannus en NósTV: "Ser brasileiro con acento galego é o mellor que me pasou na vida" - YouTube
Categoría:Músicos do Brasil Categoría:Nados en 1967 Categoría:Nados no estado do Río de Xaneiro