Tamara Elizabeth "Tammy" Jernigan, nada en Chattanooga (Tennessee) o 7 de maio de 1959, é unha astronauta estadounidense retirada que formou parte das misións STS-40, STS-52, STS-67, STS-80 e STS-96.

Traxectoria Jernigan graduouse en física e é máster en enxeñería pola Universidade de Stanford en 1981 e 1983 e máster en astronomía pola Universidade de California en Berkely en 1985. Ten un doutoramento en física espacial e astronomía pola Universidade Rice en 1988.

Foi seleccionada como astronauta pola NASA en xuño de 1985. Participou nas misións STS-40, STS-52, STS-67, STS-80 e STS-96. Deixou a NASA en setembro de 2001 para pasar a ter un cargo no Laboratorio Nacional Lawrence Livermore.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-40 STS-52 STS-67 STS-80 STS-96

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1959 Categoría:Nados en Chattanooga, Tennessee