O río Irtysh (en ; en ; en tártaro İrteş / Иртеш) é un río da Asia Central, o maior afluente do río Obi. O seu nome significa Río Branco. Na verdade o Irtysh é mais longo que o río Ob, se se considera só a distancia dende o nacemento ata a confluencia. O principal afluente do Irtysh é o río Tobol. Os ríos Obi e Irtysh forman unha das maiores bacías hidrográficas de Asia, que conta con gran parte da Siberia Occidental e dos Montes Altai.

Case todo o río é navegábel entre abril e outubro, cando a superficie non se atopa conxelada e polo río navegan barcos de pasaxeiros e de carga. A cidade de Omsk posúe o maior porto fluvial da Siberia Occidental. As importantes centrais hidroeléctricas en Öskemen (1952) e en Bakhtarminsk (1959), preto da fronteira entre Kazakhstán e a China, empregan as augas do Irtysh.

O río alimenta o canal Irtysh-Karaganda que irriga as áridas estepas do Kazakhstán.

Historia Varios pobos mongois e turcos ocuparon as ribeiras do río durante séculos. Nos séculos XV e XVI, os cursos medio e baixo do Irtysh estaban dentro do kanato tártaro de Sibir, conquistado polos rusos na década de 1580. No século XVII, o kanato de Zungaria, formado polo pobo mongol dos oirat, converteuse no estado veciño do sur de Rusia, e controlou a parte alta do Irtysh. Mentres tanto, fundáronse as cidades rusas de Omsk (1716), Semipalatinsk (1718), Ust-Kamenogorsk (1720) e Petropavlovsk (1752).

O Imperio Qing conquistou o estado de Zungaria na década de 1750. A fronteira entre o Imperio Ruso e os Qing (actual fronteira entre Rusia e Kazakhstán no norte e entre Mongolia e a China no sur) estableceuse no século XIX.

Referencia cultural O río Irtysh serve de fondo ao epílogo da novela de 1866 de Fiódor Dostoievski Crime e castigo.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Ríos de Kazakhstán Categoría:Ríos da China Categoría:Ríos de Rusia