O motor foguete J-2 foi un motor desenvolvido polos Estados Unidos para o seu uso na etapa Saturno IVB. Fabricado por Rocketdyne, consumía oxíxeno líquido e hidróxeno líquido, era alimentado cunha bomba mediante xerador de gas e producía un impulso de 1033 kN no baleiro. Tiña unha masa de 1438 kg, unha altura de 3,38 m, un diámetro de 2,01 m e un impulso específico de 421 s no baleiro. Permanecía acendido durante 475 s.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Saturno IVB
Categoría:Motores foguete Categoría:Programa Apollo