A cabraloura ou bosteiro,Diccionario de sinónimos da lingua galega, Pedro Jareño, María Camiño e Xosé María Gómez Clemente, páxina 153, 1997, Editorial Galaxia. (Oryctes nasicornis) é unha especie de coleóptero escarabeido da familia Dynastidae. miniatura|Exemplar de cabraloura. miniatura|♀ miniatura
Descrición Son escaravellos reboludos, con élitros moi convexos. Presentan un gran dimorfismo sexual. O pronoto dos machos presenta un amplo relevo superior transversal rematado por dous tubérculos romos, que se prolonga lateralmente, desde o que descende en concavidade até a cabeza. Esta é de tamaño menor e está rematada por un pronunciado corno clipeal incurvado cara a atrás que emerxe entre a fronte e a estrutura bucal (tamén chamado corno). Nas femias o relevo pronotal está atenuado, sen tubérculos, e o corno clipeal queda reducido a un pequeno tubérculo apuntado. As antenas son pequenas, teñen 10 artellos e os tres últimos están dispostos en forma de láminas que cando están agrupadas parecen unha pequena maza. Os bordos de élitros e pronoto aparecen case negros e engrosados, e entre ambos élitros acompañados de senllas fileiras punteadas. Os fémures das patas e rebordes ventrais presentan unha pilosidade marcadamente roxa, que co tempo pódese ir perdendo. Os tegumentos son brillantes, de cor parda avermellada.
O seu tamaño oscila entre 30 e 45 mm.
Dim, da película animada de 1998 Disney/Pixar A Bug's Life, é unha cabraloura coa voz de Brad Garrett.
Distribución A súa distribución é paleártica, atopándose en Europa até o centro da Península escandinava, Asia Central e Occidental e norte de África. Falta nas Illas Británicas.
Hábitat A cabraloura vive na madeira, e as grandes larvas poden atoparse en cotos de madeira podre e nas serraduras. Na marxe da súa distribución, atópase moitas veces en conexión con serradoiros e pistas de carreiras de cabalos.
Bioloxía A larva da cabraloura, de tipo melolontiforme, desenvólvese de forma natural na madeira, especialmente na madeira en proceso de descomposición, polo que é saproxilófaga, sendo indiferente en canto á especie de árbore aínda que non se localiza nas coníferas. Ademais, especialmente nos lugares máis setentrionais da súa distribución, as larvas localizáronse en moreas de serraduras dos serradoiros, acumulación de detritos vexetais e compost, manifestando unha certa sinantropía. As larvas desenvólvense durante varios anos e alcanzan un tamaño maior que os escaravellos adultos. Estes non necesitan alimentarse durante a súa curta vida, son remisos a emprender o voo dado o alto custo enerxético do mesmo e son de hábitos predominantemente nocturnos.
Subespecies miniatura|Pupa de Oryctes nasicornis. miniatura|Ovo de Oryctes nasicornis. Recoñécense as seguintes subespecies:
Oryctes nasicornis afghanistanicus Endrödi, 1938 Oryctes nasicornis birmanicus Dechambre, 1980 Oryctes nasicornis chersonensis Minck, 1915 Oryctes nasicornis edithae Endrödi, 1938 Oryctes nasicornis grypus Illiger, 1803 Oryctes nasicornis hindenburgi Minck, 1915 Oryctes nasicornis holdhausi Minck, 1914 Oryctes nasicornis illigeri Minck, 1915 Oryctes nasicornis kuntzeni Minck, 1914 Oryctes nasicornis laevigatus Heer, 1841 Oryctes nasicornis latipennis Motschulsky, 1845 Oryctes nasicornis mariei Bourgin, 1949 Oryctes nasicornis ondrejanus Minck, 1916 Oryctes nasicornis polonicus Minck, 1916 Oryctes nasicornis przevalskii Semenow & Medvedev, 1932 Oryctes nasicornis punctipennis Motschulsky, 1860 Oryctes nasicornis shiraticus Endrödi & Petrovitz, 1974 Oryctes nasicornis transcaspicus Endrödi, 1938 Oryctes nasicornis turkestanicus Minck, 1914
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Dechambre (R.-P.) & Lachaume (G.), 2001 - The Beetles of the World, volume 27, The genus Oryctes (Dynastidae), Hillside Books, Canterbury. López-Colón, J.I., 2003. Datos sobre la alimentación y distribución ibérica de Oryctes nasicornis grypus Illiger, 1803 (Coleoptera, Scarabaeidae, Dynastinae). Bol. S.E.A., nº 33 (2003) : 183 – 188
Ligazóns externas Les pages entomologiques d'André Lequet, L'ORYCTES ou "RHINOCÉROS" (Oryctes nasicornis) ! Cerambyx, Lucanus y Otros... Oryctes nasicornis Oryctes nasicornis ondrejanus BioLib - Árbore taxonómica de plantas e animais con fotografías
Categoría:Taxons descritos por Linné Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Insectos de Galicia