Tirunesh Dibaba (en ; en ), nada en Bekoji, rexión de Arsi o 1 de xuño de 1985, é unha atleta etíope especialista en carreiras de longa distancia, que gañou os 10 000 nos Xogos Olímpicos de Londres 2012, así como 5000 e os 10 000 nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 e é a actual plusmarquista mundial de 5000 metros con 14:11.15, marca lograda en Oslo en 2008. É alcumada "Baby Faced Destroyer" (destrutora con cara de bebé)Athlete profile on london2012.com . Consultado o 4 de xullo de 2012.
No Campionato do Mundo de 2005 IAAF celebrado en Helsinqui, Finlandia, converteuse na primeira muller en gañar nas probas de 5000 m e 10000 m nun mesmo campionato. É unha das dúas mulleres (sendo a outra Sonia O'Sullivan) en gañar os títulos World Cross Country nas carreiras longa e curta nun mesmo campionato (2005 en Saint Galmier, Francia). Co seu campionato mundial de 2003, converteuse na campioa mundial máis nova da historia, con 18 anos e 90 días.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas "Dibaba – A jewel of inestimable value", by Steven Downes, Athletics Africa, 20 de marzo de 2005 Tirunesh Dibaba's profile from Global Athletics Beijing 2008 Women's 10000 m EthioTube Video Beijing 2008 Women's 5000 m EthioTube Video "Spend a Day With Tirunesh Dibaba", by Toby Tanser, Runner's World Video Interview of Tirunesh Dibaba before and after 2007 IAAF World Championships 10,000m
Categoría:Nados en 1985 Categoría:Medallistas olímpicos en atletismo Categoría:Atletas olímpicos de Etiopía Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Etiopía Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por Etiopía Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2016