, nada o 15 de outubro de 1974 en Tokyo, é unha atleta xaponesa especialista en maratón en cadeira de rodas e corredora de zorra sobre xeo. Foi a primeira atleta profesional xaponesa en cadeira de rodas e tamén a primeira xaponesa en gañar medallas de ouro tanto nos Xogos Paralímpicos de Verán e nos de Inverno. Ten paraplexía.
Traxectoria Gañou a maratón de Boston na categoría feminina en cadeira de rodas en cinco ocasións, en 2007, 2008, 2009, 2010 e 2011; a maratón de Honolulu en dúas ocasións, en 2003 e 2005; e a maratón de Beppu-Ōita catro veces, en 1999, 2001, 2002 e 2003 e a maratón de Londres de 2010 cun tempo de 1:52:33. Competiu na maratón de Boston de 2012 e quedou a un segundo detrás da gañadora Shirley Reilly.Shirley Reilly wins Boston Marathon’s women’s wheelchair. Boston Herald (16 de abril de 2012). Consultado o 16 de xullo de 2020.
Nos Xogos Paralímpicos de Sydney 2000 gañou unha medalla de bronce na maratón, mentres que nos de Atenas de 2004 levou a medalla de ouro nos 5000 metros e a prata na maratón. A súa mellor marca persoal é de 1:38:32, que acadou na maratón de Beppu-Ōita en 2001.
Tamén competiu en carreiras de zorra sobre xeo nos Xogos Paralímpicos de Lillehammer 1994 e nos de Nagano 1998. Gañou dúas medallas de ouro e dúas de prata en Nagano. Tamén acadou medallas en carreiras de zorra sobre xeo nos Campionatos Mundiais do Comité Paralímpico Internacional.
Notas
Categoría:Nados en 1974 Categoría:Nados en Tokyo Categoría:Medallistas paralímpicos de ouro polo Xapón Categoría:Medallistas paralímpicos de prata polo Xapón Categoría:Medallistas paralímpicos de bronce polo Xapón Categoría:Medallistas nos Xogos Paralímpicos de Inverno de 1998 Categoría:Medallistas nos Xogos Paralímpicos de 2000 Categoría:Medallistas nos Xogos Paralímpicos de 2004