Dajian Huineng (chinés tradicional: 大鑒惠能; chinés simplificado: 大鉴惠能; pinyin: Dàjiàn Huìnéng; Wade-Giles: Ta4-chien4 Hui4-neng2; xaponés: Daikan Enō 大鑒慧能; coreano: Hyeneung 혜능; vietnamita: Huệ Năng), nado no condado de Xinxing (Guangdong) en 638 e finado en 713, tamén coñecido como o Sexto Patriarca ou o Sexto Devanceiro de Chan, é unha figura central semilendaria na primeira época do budismo Chan. Segundo a tradición foi un leigo sen educación que obtivo o espertar de súpeto tras ouvir o sutra do diamante. A pesar da súa falta de adestramento formal, demostrou o seu entendemento ao quinto patriarca, Daman Hongren, que entón escolleu supostamente a Huineng como o seu auténtico sucesor en lugar da escolla coñecida publicamente de Yuquan Shenxiu.
Os estudos do século XX revelaron que a historia da carreira budista de Huineng fora probablemente inventada polo monxe Heze Shenhui, que afirmaba que era un dos discípulos de Huineng e foi enormemente crítico coas ensinanzas de Shenxiu.
Huineng está considerado o fundador da escola Chan Meridional da "Iluminación Repentina", que se centra nunha obtención inmediata e directa da iluminación budista. A Platforma Sutra do Sexto Patriarca (en ), que se di que é un rexistro das súas ensinanzas, é un texto de grande influencia na tradición budista da Asia Oriental.
Momificación miniatura|Templo Nanhua, onde se di que Huineng viviu e ensinou. Consérvase un corpo momificado, supostamente de Huineng, no templo Nanhua de Shaoguan (norte de Guangdong). A momia foi vista polo xesuíta Matteo Ricci que visitou o templo en 1589. Ricci contou aos lectores europeos a historia de Huineng (nunha forma editada), describíndoo como semellante a un asceta cristián. Ricci chamouno Liùzǔ (i.e. 六祖, "The Sixth Ancestor").De Christiana expeditione apud Sinas, Book Three, Chapter 1. Pages 222-224 in the English translation: Louis J. Gallagher (1953). "China in the Sixteenth Century: The Journals of Matthew Ricci", Random House, Nova York, 1953.Latin original text: De Christiana expeditione apud Sinas suscepta ab Societate Jesu
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Pine, Red. The Platform Sutra: The Zen Teaching of Hui-Neng. (2006) Counterpoint.
Watts, Alan W. The Way of Zen (1962) Great Britain: Pelican books.
Ligazóns externas John M. Thompson, Huineng (Hui-neng) (638—713), Internet Encyclopedia of Philosophy Legends in Chan:the Northern/Southern Split, Hui-neng and the Platform Sutra The Sixth Patriarch’s Dharma Jewel Platform Sutra with commentary by Tripitia Master Hsuan Hua by the Buddhist Text Translation Society Platform Sutra of Hui Neng translated by C. Humphreys and Wong Mou-Lam
Categoría:Nados en Guangdong Categoría:Nados en 638 Categoría:Finados en 713 Categoría:Budismo