La venganza é un filme español de 1958 dirixido por Juan Antonio Bardem. Foi coprodudico por Italia, estando protagonizado polo actor italiano Raf Vallone. Francisco Rabal é o narrador do filme. Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1958 mais non se estreou nos cinemas de España até o ano seguinte. O filme tivo graves problemas por mor da censura e Bardem mesmo acabou en prisión, xerando un grande escándalo internacional. O filme foi nomeado ao Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 31ª edición dos premios.
Sinopse Juan regresa á aldea tras estar encerrado dez anos por un crime que non cometeu. Xunto coa súa irmá Andrea deciden vingarse de quen cren que é o culpable dos males da familia: Luis "o Torcido". Para iso, os dous irmáns uniranse a unha cuadrilla de segadores que procura traballo polos campos de Castela e cun xefe que é o seu rival.
Personaxes Carmen Sevilla como Andrea Díaz Raf Vallone como Luis 'El Torcido' Jorge Mistral como Juan Díaz José Prada como Santiago 'El Viejo' Manuel Alexandre como Pablo 'El Tinorio' Manuel Peiró como Maxi 'El Chico' Conchita Bautista como cantante José Marco Davó Rafael Bardem Maria Zanoli Xan das Bólas como segador galego Rufino Inglés Ángel Álvarez Goyo Lebrero José Riesgo
Produción A rodaxe comezou o 26 de xuño de 1957 e rematou o 29 de setembro do mesmo ano.Cerón, J.F.: El cine de..., pág. 151-152.
O filme tivo numerosos problemas coa censura, que chegou a prohibir o título orixinal que aparecía no guión escrito en 1957 (Los segadores),Cerón, J.F.: El cine de..., páx. 144. por coincidir co título do himno catalán (Els Segadors). Unhas das esixencias foi cambiar o momento en que ocorría a acción (os anos 50 no guión) suxerindo que os feitos descritos acontecesen en 1935. "Deste modo, a dura situación social dos segadores que se describe no filme sería responsabilidade das autoridades republicanas e non das franquistas."Cerón, J.F.: El cine de..., pág. 147. Ao final, Bardem situou a acción en 1931, quitándolle responsabilidade á República dos sufrimintos das personaxes.Cerón, J.F.: El cine de..., páx. 148.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Filmes de España propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 31ª edición dos Óscar Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 1958 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes dirixidos por Juan Antonio Bardem Categoría:Filmes de Suevia Films