A selección de fútbol do Iemen (en ) é o equipo representativo do Iemen nas competicións oficiais deste deporte. A súa organización está a cargo da Asociación de Fútbol do Iemen (الاتحاد اليمني لكرة القدم), pertencente á Confederación Asiática de Fútbol (AFC) e á FIFA. Antes de 1990, cando o país estaba dividido en Iemen do Norte e Iemen do Sur, existían dúas seleccións nacionais, unha por país. Após a unificación, o equipo do Iemen está considerado como o herdeiro da selección do Norte. Pese a ser o quinto país máis poboado de Oriente Medio, e a pesar dos éxitos obtidos en categorías sub-17, sub-20 e sub-23, o Iemen non acadou os mesmos logros que países menos poboados como os , , , ou .
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil do Iemen na páxina web da FIFA
Categoría:Fútbol no Iemen