Luís Filipe Carrilho de Castro Mendes, nado en Idanha-a-Nova o 21 de novembro de 1950, é un diplomático, escritor, poeta, narrador e político portugués. Foi ministro da Cultura do XXI Goberno Constitucional de Portugal de abril de 2016 a outubro de 2018.

Traxectoria Licenciado en Dereito pola Facultade de Dereito da Universidade de Lisboa (1974). Ingresou en 1975 na carreira diplomática, tendo pasado sucesivamente por Luanda, Madrid e París, Río de Xaneiro, Budapest e Nova Deli. Foi asesor de Melo Antunes no Ministério dos Negócios Estrangeiros, nos gobernos provisorios liderados por Vasco Gonçalves e Pinheiro de Azevedo, e, máis tarde, en 1983, do Presidente Ramalho Eanes. Entre 1995 e 1997, foi xefe de Gabinete do Secretário de Estado dos Negócios Estrangeiros e Cooperação, José Lamego. En 2010 asumiu a xefatura da representación de Portugal na UNESCO, en París, e en 2012 como representante no Consello de Europa, en Estrasburgo. En 2015 foi nomeado Ministro da Cultura do XXI Goberno Constitucional.

Estreouse cedo como poeta (1965-1967), ao publicar poemas no suplemento xuvenil do Diário de Lisboa e no suplemento literario do diario República. Comezou a publicar poesía en libros na década de 80. Recados (1983) é unha “obra onde se impoñen desde pronto dúas das máis marcantes características da súa poesía: o virtuosismo no tratamento de formas poéticas tradicionais e a intertextualidade” con referencias a varios escritores, como Emily Dickinson, Rilke, Nietszche, Jorge Luis Borges, Rimbaud etc.

Encadrábel nunha estética posmodernista, a obra de Luís Filipe de Castro Mendes revela un universo enigmático onde o finximento e a sinceridade, o romántico e o clásico, a regra e o xogo levan até as realizacións mais lapidares e expresivas. Entre o clasicismo e o preromantismo, a obra de Luís Filipe Castro Mendes ten aínda como trazo distintivo a capacidade de renovar, con inquestionábel mestría, as experiencias da escrita.

Obras

Poesía

Recados (1983). Imprensa Nacional-Casa da Moeda. Seis elegias e outros poemas (1985). Associação dos Jornalistas e Homens de Letras do Porto A Ilha dos Mortos (1991). Quetzal Editores. Viagem de Inverno (1993). Quetzal Editores. O Jogo de fazer versos (1994). Quetzal Editores. Modos de música (1996). Quetzal Editores. Quadras ao gosto pessoano (1997). Outras canções (1998). Poesia reunida: 1985-1999: com o livro inédito Os amantes obscuros (1999). Os Dias inventados (2001). Gótica. Os amantes obscuros: poemas escolhidos (1985-2001) (2007). – Ed. bilingüe, en portugués e danés. Lendas da Índia (2011). Dom Quixote. A misericórdia dos mercados (2014). Assírio & Alvim. Outro Ulisses regressa a casa (2016). Assírio & Alvim. Poemas Reunidos (2018). Assírio & Alvim.

Narrativa

Areias escuras (1984). ER-Heptágono. Correspondência secreta (1995). Quetzal Editores.

Premios

1985: Seis Elegias e Outros Poemas, galardoado co premio da Associação de Jornalistas e Homens de Letras do Porto. 1994: O Jogo de fazer versos, premio D. Dinis. 2011: Lendas da Índia, Prémio António Quadros.

Condecoracións Grande-Oficial da Orde do Infante D. Henrique de Portugal (18 de marzo de 1986) 60x60px Comendador da Orde do Mérito de Portugal (12 de setembro de 1991) 60x60px Grã-Cruz da Orde do Mérito de Portugal (28 de xaneiro de 2003) 60x60px Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Entrevista, no Brasil, co poeta a propósito da obra Poesía Reunida (1999)

Categoría:Poetas de Portugal Categoría:Escritores de Portugal Categoría:Alumnos da Universidade de Lisboa Categoría:Nados en 1950 Categoría:Escritores en lingua portuguesa