O dos hamamélidos (Hamamelidae) foi un taxon coa categoría de subclase das Magnoliopsida (dicotiledóneas), que agrupaba plantas cuxa característica principal era que posuían flores polinizadas polo vento (anemófilas) usualmente agrupadas en amentos.

Historia O taxon foi utilizado por Cronquist e outros sistemas de clasificación durante un tempo (ver Cronquist 1981,Cronquist, A. (1981): An integrated system of classification of flowering plants. New York: Columbia University Press. 1988,Cronquist, A. (1988): The evolution and classification of flowering plants. 2ª edición. New York: Botanical Garden, Bronx. Takhtajan 1980,Takhtajan, A. (1980): "Outline of the classification of flowering plants (Magnoliophyta). Bot. Rev. 46: 225-359. que o escribe correctamente como Hamamelididae.O nome correcto da subclase e Hamamelididae, nomeada por Takhtajan desa forma en 1967. O nome Hamamelidae tal como o escribiu Cronquist é considerado un erro ortográfico.

Numerosas liñas de evidencia mostran que este taxon non é monofilético. En clasificacións modernas como o Sistema de clasificación APG III (2009),The Angiosperm Phylogeny Group III: Brigitta Bremer, Kåre Bremer, Mark W. Chase, Michael F. Fay, James L. Reveal, Douglas E. Soltis, Pamela S. Soltis e Peter F. Stevens, ademais colaboraron Arne A. Anderberg, Michael J. Moore, Richard G. Olmstead, Paula J. Rudall, Kenneth J. Sytsma, David C. Tank, Kenneth Wurdack, Jenny Q.-Y. Xiang e Sue Zmarzty (2009): "An update of the Angiosperm Phylogeny Group classification for the orders and families of flowering plants: APG III" (resume). Botanical Journal of the Linnean Society 161: 105-121. e o APWeb (2001 en adiante),Stevens, P. F. (2001): Angiosperm Phylogeny Website. Versión 9. (Xuño de 2008) e actualizado regularmente desde entón). o taxon foi abandonado.

Taxonomía Descrición A subclase foi descrita en 1967 polo botánico soviético-armenio Armen Takhtajan.

Ordes A subclase contaba coas seguintes ordes (sensu Cronquist 1981: Leitneriales Urticales Fagales Juglandales Trochodendrales Hamamelidales Casuarinales Myricales Eucommiales Didymelales Daphniphyllales

Notas

Véxase tamén Bibliografía Judd, W. S.; Campbell, C. S.; Kellogg, E. A.; Stevens, P. F. & Donoghue, M. J. (2007): Plant systematics: a phylogenetic approach Third Edition. Oxford, UK.: Oxfofd University Press. ISBN 978-1-6053-5389-0.

Categoría:Magnoliopsida