miniatura|Napoleón Bonaparte, emperador de Francia. A Universidade de Francia, tamén coñecida como Universidade Imperial e normalmente chamada a Universidade, foi o nome da administración francesa do século XIX encargada da educación superior en Francia.Léon, Antoine: Histoire de l'enseignement en France. París: P. Roche. ISBN 2-13053706-5, páxs. 65-66. Historia

Napoleón Bonaparte quixo reorganizar completamente o sistema educativo francés, incluída a Universidade. A lei de 10 de maio de 1806 establecía que: "baixo o nome de Universidade Imperial, crearase unha corporación encargada exclusivamente da ensinanza e da educación pública en todo o Imperio"."Il sera formé, sous le nom d'Université impériale, un corps chargé exclusivement de l'enseignement et de l'éducation publiques dans tout l'Empire".

O decreto de 17 de marzo de 1808 ordena o funcionamento da Universidade. A Universidade, que está por riba de todas as ordes educativas e na que ninguén pode ensinar sen a autorización do Gran Mestre, e coa condición de ser parte da Universidade. O texto establece seis ordes escolares: as facultades (teoloxía, dereito, medicina, letras e ciencias); os liceos (ensinanza media de primeira clase); os colexios (ensinanza media de segunda clase); as institucións; os internados; as "pequenas escolas" (primaria).

Notas

Francia Categoría:Primeiro Imperio Francés Categoría:Universidades desaparecidas