miniatura|Múltiplo de áureo da ceca de Ticinum, datado en 313. A/ Busto de Constantino I a carón do Sol Invictus (Cabinet des médailles). 39,79 g. A moeda constantiniana é a que constitúe o conxunto das emisións monetarias producidas polas cecas imperiais romanas desde o momento en que o emperador Constantino I (324-337) acadou o título de único Augusto, en 324, ata a morte de Xuliano (361-363), que supón a fin da dinastía constantiniana.
Durante este período, logo do falecemento do primeiro gobernante cristián, liberáronse guerras fratricidas como a producida en 340 entre Constantino II (337-340) e Constante I (337-350),Aurelio Víctor. De Caesaribus, 41.22. / Aurelio Vítor, Epitome, 41.21. / Eutropio. Breviarium historiae romanae., X, 9.2. / Sozomeno. Εκκλησιαστική Ιστορία / Historia Ecclesiastica, III, 2.10. / Zósimo. Hitoria nova, II, 41-2. Zonaras, III, 5.7-16. ou a que tivo lugar entre 351 e 352 entre Constancio II (337-361) e o usurpador Magnencio (350-353).Amiano Marcelino, Storie XVI, 12.5. Codex Theodosianus, XV, 14.5. Eutropio, X, 12. Sozomeno, IV, 4. Zósimo, II, 43.
Cecas constantinianas Ademais das cecas tetrárquicas instituídas por Diocleciano (284-305), engadíronse outras catro á produción de moeda constantiniana:
Ceca de Arelate (Arles), fundada en 313 ou 314, co persoal proveniente da ceca de Ostia (operativa ata 475)."Knowing the Roman imperial mints: II- Arelate". Aeternitas Numismatics. Ceca de Sirmium (Sremska Mitrovica, Serbia), creada etre 320 e 326 (operativa ata 397).Hendy, M. F. (2008). Páxinas 392 e 397. Ceca de Constantinopla (Istanbul), a nova capital imperial a partir de 330."Knowing the Roman imperial mints: VI- Constantinople". Aeternitas Numismatics. Ceca de Ambianum (Amiens), establecida entre 350 e 353."Amiens". En Nicholson, O. (2018) The Oxford Dictionary of Late Antiquity. Vol 1. Páxina 61. ISBN 978-0-19-881624-9
No entanto, produciuse o pechamento doutras catro:
Ceca de Ostia, próxima a Roma, pechada en 313, logo da vitoria de Constantino sobre Maxencio (306-312) na Batalla da Ponte Milvio.Taylor, E. (2005). The Maxentian Mint at Ostia. Ceca de Londinium (Londres) pechada en 326.“Ceca de Londinium”. En Tesorillo.com"Roman Mints: Londinium (London, England)". Forum Ancient Coins. Ceca de Ticinum (Pavia) operativa ata 326 ou 327.RIC VII 205."Knowing the Roman imperial mints: IV- Ticinum". Aeternitas Numismatics.Savio, A. (2001). Páxina 201. Ceca de Mediolanum (Milán) establecida en 327, aínda que reabriu en épocas posteriores.Chiaravalle, M. (1990). "La produzione delle zecche di Milano e di Ticinum". En Sena, G. Milano capitale dell'Impero romani (286-402 d.C.). Milán. Páxina 47."Mediolanum: Milan, Italy". Forum Ancient Coins.
Periodización e temáticas miniatura|277x277px|Constantino I o Grande, primeiro emperador cristián e proxenitor da dinastía Constantiniana. Títulos imperiais de Constantino INúmero de vecesDatación do acontecementoTribunicia potestas33 anos consecutivos.Scarre, C. (1995 -a-). Páxina 214.De 306 ao 22 de maio de 337.Cónsul8 veces.En 307 (I), 312 (II), 313 (III), 315 (IV), 319 (V), 320 (VI), 326 (VII), 329 (VIII).Salutatio imperatoria32 veces.A primeira en 306, cando foi proclamado Caesar; logo en 307 (2° e 3°) e en 308 (4°), e renovada anualmente de xullo de 309 a xullo de 336.Cognomina ex virtute (títulos vitoriosos)- Germanicus maximus IV (en 307, 308, ca. 314 e 328-329.Barnes, T. D. (1976). "Victories of Constantine". En Zeitschrift fur Papyrologie und Epigraphik. 20. Páxinas 149-155.CIL VI, 40776CIL VIII, 8477 (p 1920).CIL VIII, 10064.CIL VIII, 23116. - Sarmaticus maximus III (317/319,CIL VIII, 8412 (p 1916). Inscrición datable en 319 na que se atopan diversos títulos votoriosos: «Imperatori Caesari Flavio Constantino Maximo Pio Felici Invicto Augusto pontifici maximo, Germanico maximo III, Sarmatico maximo Britannico maximo, Arabico maximo, Medico maximo, Armenico maximo, Gothico maximo, tribunicia potestate XIIII, imperatori XIII, consuli IIII patri patriae, proconsuli, Flavius Terentianus vir perfectissimus praeses provinciae Mauretaniae Sitifensis numini maiestatique eius semper dicatissimus». 323 e 334).
- Gothicus maximus II (328 ou 329 e 332).
- Dacicus maximus (336).
- Adiabenicus (antes de 315).
- Arabicus maximus (entre 315 e 319).
- Armeniacus maximus (entre 315 e 319).
- Britannicus maximus (antes de 315).
- Medicus maximus (antes de 315).
- Persicus maximus (en 312/313).Eusebio de Cesarea, Historia ecclesiastica, IX, 8, 2-4 / Giovanni Malalas, Cronografia, XII, Páxina 311, 2-14. Outros títulos- Caesar (de 306 a 313) e Augustus (de 313 a 337). - Pater Patriae, Felix, Invictus, Proconsul e Pontifex Maximus (en 307).
- Maximus (desde 312).
- Victor, en substitución de Invictus (desde 324).
Da unificación do Imperio á morte de Constantino I (325-337) A fase abranguida entre a reunificación imperial (325) e o pasamento de Constantino o Grande (337) serviulle ao emperador cristián para reorganizar tanto a Administración civil como a relixiosa, ademais de consolidar todo o sistema defensivo ao longo dos cursos do Rin e do Danubio, e de obter importantes éxitos militares, que lle propiciaron o control de boa parte deses territorios que xa pertenceran a Roma anteriormente e que foran abandonados por Galieno (253-268) e Aureliano (270-275): desde Alamannia (os Campos Decumanos) ata Sarmatia (chaira ao sur do Tisza e rexión do Banato) e ata a Gothia (Oltenia e Valaquia). E tamén a partir deses anos, Constantino seguiu a utilizar como as súas residencias imperiais favoritas Serdica, Sirmium e Tesalónica, á parte de Nicomedia.
O 18 de setembro de 335, Constantino elevou o seu sobriño neto Dalmacio ao rango de Caesar e asignoulle a Tracia, Acaia e Macedonia (con probable capital en Naisso, na actual Serbia)Barnes, T. D. (1982). Páxina 87., coa tarefa principal de defender esas provincias dos godos, que as ameazaban coas súas incursións.Annales Valesiani, XXXV. Deste xeito, Constantino dividiu o Imperio en catro partes, tres para os seus fillos e unha para o seu sobriño. O nomeamento de Dalmacio, porén, debeu atopar a oposición do exército,Aurelio Vítor, Liber de Caesaribus, XLI, 15: «obsistentibus valide militaribus». que revelou a súa preferencia polo acceso da liña dinástica directa ao trono.
A seguir, algúns exemplos das súas cuñaxes:
ImaxeValorAnversoReversoDataciónOutros datosCatalogación225x225pxFollisCONSTANTINUS AVG, cabeza laureada cara á dereita.SARMATIA DEVICTA, Vitoria camiñando cara á dereita, con trofeo e palma nas mans, pisando un prisioneiro; SIRM no exergo.324/32519 mm 2,97 g
Ceca de SirmiumRIC VII 48.225x225pxFollisFL IVL CRISPVS IVN NOB CAES, cabeza laureada á dereita.ALEMANNIA DEVICTA, Vitoria camiñando cara á dereita, con trofeo e palma nas mans, pisando un prisioneiro; SIRM no exergo.324/32520 mm. 3,15 g
Ceca de SirmiumRIC Crispus, VII 49. LRBC 803.225x225pxFollisCONSTANTINVS IVN NOB CAES, busto laureado e acoirazado cara á dereita.ALEMANNIA DEVICTA, Vitoria camiñando cara á dereita, con trofeo e palma nas mans, pisando un prisioneiro; SIRM no exergo.324/32520 mm 3,40 g
Ceca de SirmiumRIC Constantinus II, VII, 50.225x225pxFollisFL HELENA AVGVSTA, busto drapeado da nai de Constantino I, Flavia Xulia Helena, co diadema imperial, cara á dereita.SECVRITAS REI PVBLICE, a Securitas da República Romana en pé cara á esquerda, con ramo na man dereita. STR no exergo.325-32619 mm 3,45 g
Ceca de Augusta Treverorum. (2ª officina)RIC VII 465.225x225pxFollisFLAV MAX FAVSTA AVG, busto drapeado cara á dereita de Flavia Fausta, a muller de Constantino.SALVS REIPVBLICAE, Fausta en pé como a Salus, cara á esquerda, cos fillos Constantino II e Constancio II no colo. CONS no exergo.32619 mm 3,07 g
Ceca de ConstantinoplaRIC Constantinus, VII 12. LRBC 976.225x225pxFollisCONSTAN-TINVS AVG, busco cara á dereita con cabeza laureada.D N CONSTANTINI MAX AVG, campamento romano con dúas torres; estrela encima; P unha palma T no exergo.326/32717 mm 3,44 g
Ceca de Ticinum (1ª officina)RIC VII 205.225x225pxSólidoCabeza de Constantino I cara á dereita cun diadema de tres ringleiras de perlas; os ollos cara ao ceo.GLORIA CONSTANTINI AVG, Constantino en pé, con lanza e espada nas mans, e trofeo no ombreiro esquerdo; dous prisioneiros atados aos seus pés; SMTS no exergo.3276,83 gm Ceca de TesalónicaRIC Constantinus I, VII 163 var. (diadema)225x225pxFollis[...] CONSTANTINUS MAX AUG, cabeza de Constantino I con diadema; busto drapeado e acoirazado cara á dereita.GLORI-A EXER-CITVS, dous soldados, ambos con escudo e lanza, en pé e un fronte ao outro con dous estandartes no medio. AQ P no exergo.334/33516 mm 2,71 g
Ceca de Aquileia (1ª officina)RIC Constantinus, VII 124.225x225pxSólidoCONSTANTI-NVS MAX AVG, cabeza diademada; busto drapeado e acoirazado cara á dereita.VICTORIA CO-NSTANTINI AVG, a Vitoria andando cara á dereita, con trofeo e fronde de palma nas mans; crismón e LXXII no campo; SMAN no exergo.335/3364,42 g Ceca de AntioquíaRIC VII 100225x225pxFracción de follisFL DELMATIVS NOB C, cabeza laureada; busto drapeado e acoirazado cara á dereita.GLORI-A EXER-CITVS, dous soldados, ambos con lanza e escudo; en pé un fronte ao outro, cun estandarte no medio; SMTSB no exergo.336/33717 mm 1,55 gm
Ceca de Tesalónica (2° officina).RIC Delmatius, VII 228.225x225pxFracción de follisFL DELMATIVS NOB C, cabeza laureada e busto drapeado e acoirazado cara á dereita.GLORI-A EXER-CITVS, dous soldados, ambos con lanza e escudo; en pé un fronte ao outro, cun estandarte no medio; AQ S no exergo.336/33718 mm 1,22 grCeca de Aquileia (2° officina)RIC Delmatius, VII 142.225x225pxFollisCONSTANTI-NVS MAX AVG, cabeza laureada de Constantino cara á dereita.SPES PVBLICA, lábaro no centro, con tres medallóns e, no alto, un cristograma; abaixo unha serpe; CONS no exergo.3372,97 g Ceca de ConstantinoplaRIC VII 19.225x225pxSólidoFL HANNIBALIANO REGI, cabeza laureada de Anibaliano cara á dereita.SE-CVRITAS PVBLICA, o río Éufrates deitado cara á dereita; CONSS no exergo.337Ceca de ConstantinoplaRIC VII 147. LRBC 1034.
Os fillos e os netos de Constantino I (337-363) miniatura|449x449px|As fronteiras setentrionais e orientais á morte de Constantino I, cos territorios engadidos nos trinta anos de campañas militares (306-337), ademais da división do Imperio entre os seus fillos e netos: Constantino II (337-340), Constante I (337-350), Constancio II (337-361), Dalmacio César (335-337) e Anibaliano (335-337). A situación logo do falecemento de Constantino o 22 de maio de 337, mentres estaba a preparar unha campaña militar contra os sasánidas, presentaba un poder repartido entre os seus fillos e o seu neto, todos co título de César. Deles, Constancio II (337-361), implicado na supervisión das fortificacións fronteirizas no norte de Mesopotamia,Cameron, A.; Garnsey, P. (1998). Páxina 12. regresou axiña a Constantinopla, onde organizou os actos funerarios do seu pai; con este xesto reforzou os seus dereitos como sucesor e obtivo o apoio do exército, compoñente fundamental da política de Constantino.