Ana Cristina Conceição da Silva, nada en Vila Franca de Xira en 1964, é unha docente e escritora portuguesa, doutora en psicoloxía polo ISPA, desde 1992. Publicou dez novelas.

Traxectoria

Ana Cristina Silva é unha profesora universitaria, deu clases sobre a psicoloxía da linguaxe e introduciu o seminario práctico no ISPA - Instituto Universitario de Ciencias Psicolóxicas, Sociais e da Vida. Tras o seu doutoramento en Psicoloxía educativa pola Universidade do Miño, especializouse na área da aprendizaxe da lectura e escrita, desenvolvendo a investigación no dominio das adquisicións precoces da linguaxe escrita, ortografía e produción textual. Ten obra científica publicada en Portugal e noutros países. Para alén diso, tense dedicado á creación literaria.Ten artigos científicos publicados en revistas e obras colectivas portuguesas e de fóra. En 2002 fixo a primeira viaxe para a literatura e publicou cerca de dez libros xa.

Publicacións

Mariana, Todas as Cartas (2002). Gótica. 224 páxs. A Mulher Transparente (2003). Gótica. 188 páxs. Bela (2005). Ambar. À Meia Luz (2006). Ambar. As Fogueiras da Inquisição (2008). Ed. Presença. 192 páxs. No século XVI Sara de Leão, protagonista e neta dunha familia xudaica portuguesa, é presa nun calabouzo, en Évora, acusada de prácticas xudaizantes. A Dama Negra da Ilha dos Escravos . Memórias de Dona Simoa Godinha (2009). Ed. Presença. 560 páxs. D. Simoa Godinho, figura histórica intrigante e misteriosa da Lisboa do século XVI, que nacera en S. Tomé. Crónica do Rei-Poeta Al- Um’Tamid (2010). Ed. Presença. 184 páxs. Al-Mu’ Tamid naceu en Beja, en 1040. Nesa época, a poesía e a cultura florecían nas cortes árabes. Cartas Vermelhas (2010). Oficina do Livro. 272 páxs. A historia dunha militante comunista que se apaixona por un inspector da PIDE. Rei do Monte Brasil (2012). Oficina do Livro. 168 páxs. Un pequeno libro que moito nos conta sobre a vida de Mouzinho de Albuquerque. A Segunda Morte de Ana Carenina (2013). Oficina do Livro. 224 páxs. Unha novela sobre o amor sen límites, a traizón e os custos da vinganza. A Noite não É Eterna (2016). Oficina do Livro. 200 páxs. A Romanía, baixo o xugo do ditador Nicolae Ceausescu, atravesa un dos piores períodos da súa historia, coa poboación a enfrontarse á fame e dominada polo terror. Salvação (2018). Parsifal PT. 200 páxs. David Negro, é un médico xudeu que ten que fuxir de Lisboa tras a condenación da muller pola Inquisición. As Longas noites de Caxias (2019). Ed. Planeta. 200 páxs. Unha foi torturada. A outra tiña pracer en torturar. Dúas mulleres que ficaran na historia da PIDE. Rimbaud, o Viajante e o Seu Inferno (2020). Editora Exclamação. 180 páxs.

Libros de Psicoloxía

Con A. Carita, A. Monteiro, T. Diniz. (1998). Como ensinar a estudar. Ed. Lisboa: Editorial Presença. Até à descoberta do princípio alfabético (2003). Ed. Lisboa: Gulbenkian. Con I. Sim-Sim, C. Nunes (2008). Linguagem e Comunicação no Jardim de Infância. Ed. Lisboa: Direcção-Geral de Inovação e Desenvolvimento Curricular. Con S. Ferreira (2012). Jogos para aprender a ler e a escrever. Ed. Lisboa: DGIDC, Ministério da Educação.

Premios

2011: Cartas Vermelhas, selecionado como Libro do Ano polo jornal Expresso e finalista do Premio Literario Fernando Namora. 2012: O Rei do Monte Brasil, finalista do Premio SPA/RTP e do Premio Literario Fernando Namora, e vencedor do premio Urbano Tavares Rodrigues. 2013: A Segunda Morte de Anna Karénina, finalista do Premio Literario Fernando Namora. 2017: A Noite não É Eterna venceu o Premio Fernando Namora.

Notas

Categoría:Nados en 1964 Categoría:Alumnos da Universidade de Lisboa Categoría:Escritores en lingua portuguesa Categoría:Escritores de Portugal Categoría:Novelistas de Portugal