miniatura|Traballador cumprindo coas medidas de seguridade laboral.Os termos seguridade (do latín securĭtāte) ou seguranza refírense a unha acción que non presenta risco ou a prevención del. Tamén pode representar confianza cara a alguén ou algo.

Coma prevención de riscos Referíndose á seguridade como prevención de riscos podémonos referir a varios tipos, por exemplo:

Laboral A seguridade laboral ten como obxectivo evitar os riscos no traballo mediante medidas de protección como cascos, luvas, sinais de advertencia etc.

Social

A seguridade social consiste nun conxunto de políticas sociais cuxo fin é amparar e asistir o cidadán e a súa familia en situacións como a vellez, a doenza e o desemprego.

En Internet A seguridade en Internet refírese á protección dos teus datos nun sitio web. Para que calquera persoa que entre nun sitio web saiba o uso dos seus datos os sitios web están obrigados a ter unha política de privacidade e a avisar aos que entren no sitio web deses termos mediante un banner.

Coma probabilidade A seguridade coma probabilidade refírese a ter claro algo, por exemplo, a resposta a unha pregunta.

Coma confianza

A seguridade coma confianza refírese á crenza en que unha persoa ou grupo será capaz e desexará actuar de xeito adecuado nunha determinada situación. Tamén se pode referir a crer que a calidade dun produto será satisfactoria. Notas

Véxase tamén

Outros artigos Seguro

Categoría:Seguridade