101955 Bennu é un asteroide próximo á Terra duns 490 metros de diámetro e unha masa de 6 × 1010 kg. O seu achegamento máximo ó Sol (perihelio) está na parte interior da órbita da Terra e o seu afastamento máximo (afelio) chega case á órbita de Marte. Con todo, non intercepta a órbita da Terra debido a que a órbita do asteroide está noutro plano orbital. Está clasificado como un asteroide Apolo (asteroides con órbitas próximas á órbita da Terra).
Este asteroide foi seleccionado para ser visitado pola sonda espacial OSIRIS-REx no ano 2018 (o seu lanzamento foi o 8 de setembro de 2016). Esta sonda recollerá mostras de po do asteroide cun brazo robótico e transportaraas á Terra. Estímase que poderá recoller máis de 60 gramos. A recollida de mostras producirase no ano 2020 e o regreso á Terra coas mostras será no 2023.
Descubrimento e nome Bennu foi descuberto polo equipo do Lincoln Near-Earth Asteroid Research dende Socorro, Novo México, Estados Unidos, o 11 de setembro de 1999. Recibiu orixinalmente a designación . Cando se seleccionou como destino da sonda espacial, a Sociedade Planetaria fixo un concurso para poñerlle nome. O concurso gañouno un neno de nove anos que suxeriu o nome Bennu, un paxaro asociado ó deus exipcio Osiris.
Parámetros orbitais Bennu orbita a unha distancia media de 1 126 UA do Sol, podendo achegarse ata 0.8969 UA e afastarse ata 1 356 UA. Ten unha excentricidade de 0.2037 e unha inclinación orbital de 6.035 graos. Emprega en completar unha órbita arredor do Sol 436.6 días. O movemento de Bennu sobre o fondo estelar é de 0.8245 graos por día.
Bennu é un dos asteroides potencialmente perigosos.
Características físicas A magnitude absoluta de Bennu é 20.9 e o período de rotación de 4.276 horas.
O asteroide é unha acumulación de entullos de diferentes tamaños. Pequenos croios saen despedidos do asteroide dende o seu ecuador, regresando á superficie, mais algúns quedan en órbita. Esta observación efectuouna a sonda OSIRIS-REx o 19 de xaneiro de 2019. A causa deste fenómeno radica na baixa gravidade, sumada á rápida rotación, polo que un croio pode poñerse en órbita adquirindo unha velocidade baixa, por exemplo, rodando por unha das súas ladeiras (a atracción gravitacional na superficie do asteroide é de tan só 8 millonésimas de g nos polos pero no ecuador, debido á rápida rotación, a atracción redúcese a 3 millonésimas de g).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Corpo menor do Sistema Solar
Ligazóns externas
Categoría:Asteroides