dereita|miniatura|Agullas de Kirschner extraídas tras a fixación dunha fractura de Colles

As agullas de Kirschner (AK) son agullas longas e finas, de punta afiada, esterilizadas, feitas xeralmente de aceiro inoxidable. Son de diversos diámetros e lonxitudes, utilizadas habitualmente en traumatoloxía e ortopedia. Colócanse habitualmente con axuda dun motor. Foron introducidas como ferramenta cirúrxica por Martin Kirschner en 1909.

Indicacións As AK teñen múltiples usos. Algúns deles son:

Manter fixos fragmentos óseos a través da pel (osteosíntese percutánea). Estabilizar temporalmente unha fixación interna, como unha placa de osteosíntese, até a súa fixación definitiva. Realizar unha osteosíntese intramedular (por exemplo no peroné ou o cúbito). Ancorar unha tracción transesquelética.

Complicacións

Infección: sobre todo ao usarse como fixación percutánea de fragmentos óseos, xa que isto implica unha comunicación entre a pel e o óso. Rotura das agullas: sobre todo no caso de que a fractura non cure correctamente (pseudoartrose). Migración das AK: En lugar de saír cara á pel, as agullas poden migrar ao interior do corpo.

Notas

Categoría:Traumatoloxía Categoría:Cirurxía