Elisabetta Dami, nada en Milán en 1958 é unha escritora italiana de literatura infantil célebre pola creación da personaxe Geronimo Stilton.

Traxectoria Dami é filla do editor Piero Dami, que fundou Dami Editore en 1972. Aos trece anos comezou no mundo das publicacións como correctora no negocio familiar e aos trece anos escribiu os seus primeiros relatos curtos.

A súa experiencia como voluntaria con nenos enfermos deulle a idea de escribir historias de aventuras cun rato chamado Geronimo Stilton como protagonista. Estas historias convertéronse nunha sensación editorial en Italia e internacionalmente.

Dende entón, as historias de Geronimo Stilton foron traducidas a 49 linguas e venderon máis de 161 millóns de exemplares en todo o mundo.

Activismo Dami apoia organizacións non gobernamentais e asociacións con doazóns e proxectos creativos para dar a coñecer as súas actividades e os asuntos nos que están involucradas.

Elisabetta Dami forma parte da dirección nacional de WWF Italia, é embaixadora de Antoniano Onlus e Zecchino d'Oro, e está no consello permanente de Terre des hommes.

Vida persoal Amante da aventura, obtivo as licenzas de piloto e paracaidista aos vinte anos, e con vinte e tres viaxou arredor do mundo pola súa conta e completou un célebre curso de supervivencia na Outward Bound School de Maine, nos Estados Unidos. Outras aventuras de Dami inclúen tomar parte nun rally polo deserto do Sáhara e cruzar África de norte a sur en todo terreo, participou nun ultramaratón de 100 km polo Sáhara e correu tres veces o maratón de Nova York (2002, 2003 e 2017).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas "Elisabetta Dami. Fòrum IMPULSA 2012" son-video (4 de xullo de 2012) en youtube; vimeo Elisabetta Dami (11 de decembro de 2010) en la Repubblica

Categoría:Nados en Milán Categoría:Nados en 1958 Categoría:Escritores en lingua italiana Categoría:Escritores de literatura infantil Categoría:Escritores de Italia