Kermes bacciformis é un insecto hemíptero da superfamilia dos cocoideos e familia dos quermésidos, unha das contra 20 integradas no xénero Kermes.Hodgson, Chris J. (1997): "Classification of the Coccidae and related Coccoid families", en Yair Ben-Dov & Chris J. Hodgson, eds. "Soft Scale Insects their Biology, Natural Enemies and Control", World Crop Pests, Volume 7, Part A, páxinaas 157-201.
É un parasito de plantas, sendo os seus hospedeiros varias especies do xénero Quercus.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1908 polo entomólogo italiano Gustavo Leonardi,Kermes bacciformis Leonardi, 1908 no GBIF.Kermes bacciformis Leonardi, 1908 en ScaleNet.info. na súa obra "Seconda contribuzione alla conoscenza della cocciniglie Italiane".
Etimoloxía Para a do xénero, ver Kermes.
O epíteto específico, baccifomis, está tomado do latín bacciformis, "en forma de baga"; de bacca, "baga", e forma, -ae, "forma",Font Quer, P. (1993): Diccionario de botánica. Barcelona: Editorial Labor. ISBN 84-335-0078-3. en alusión á forma das femias.
Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos seguintes: Kermococcus bacciformis Leonardi, 1920 Talla bacciformis Lindinger, 1933
Especies parasitadas Este insecto vive sobre as seguintes especies do xénero Quercus:Hoy, J. M. (1963): "A catalogue of rhe Eriococcidae (Homoptera: Cocoidea) of the world". New Zealand Department of Scientific and industrial Reseach Bulletin 150: 1-260. Quercus cerris Quercus coccifera Quercus ilex Quercus pubescens Quercus suber
Características As femias adultas son esféricas, aplanadas na rexión ventral, e co dorso dividido en dúas metades por un suco lonxitudinal.Kosztarab, M. P. & Kozár, F. (1988): Scale Insects of Central Europe. Budapest: Akademiai Kiado. ISBN 978-94-009-4045-1.
Distribución Kermes bacciformis encóntrase en Francia (incluída Córsega), Italia (incluída Sardeña), España, Austria, Hungría, Turquía e Marrocos.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Boitard, P. (1828): Les gallinsectes. Manuel d'entomologie ou histoire naturelle des insectes 2: 169–172. Fernald, M. E. (1903): A catalogue of the Coccidæ of the world. Special bulletin. Hatch Experiment Station of the Massachusetts Agricultural College nº 88. Leonardi, G. (1908): "Seconda contribuzione alla conoscenza della cocciniglie Italiane". Bollettino del R. Laboratorio di Entomologia Agraria di Portici 3: 150-191. Leonardi, G. (1918): "Terza contribuzione alla conoscenza delle cocciniglie Italiane". Bollettino del R. Laboratorio di Entomologia Agraria di Portici 12: 188-216. Leonardi, G. (1920): Monografia delle cocciniglie Italiane. Della Torre Portici, 555 pp.
Outros artigos Cocoideos Quermésidos Kermes''
Categoría:Sternorrhyncha Categoría:Parasitos