Kermes roboris é un insecto hemíptero da superfamilia dos cocoideos e familia dos quermésidos,Kermes roboris (Fourcroy) no ITIS. unha das contra 20 integradas no xénero Kermes.Hodgson, Chris J. (1997): "Classification of the Coccidae and related Coccoid families", en Yair Ben-Dov & Chris J. Hodgson, eds. "Soft Scale Insects their Biology, Natural Enemies and Control", World Crop Pests, Volume 7, Part A, páxinas 157-201.
É un parasito de plantas, sendo os seus hospedeiros varias especies do xénero Quercus.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1785 polo químico, político e entomólogo francés Antoine François de Fourcroy, baixo o nome de Chermes roboris.Kermes roboris (Fourcroy, 1785) no GBIF.<ref>Kermes roboris (Fourcroy, 1785) en Catalogue of Life: 2019 Annual Checklist. ITIS. Species 2000.</ref>
Etimoloxía Para a do xénero, véxase Kermes.
O epíteto específico, roboris é o xenitivo do nome do latín clásico rōbur, rōboris, "carballo".roboris en WordSense.eu Dictionary. Literalmente: "do carballo".
Sinónimos Ademais de polo seu nome válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:
Chermes roboris Fourcroy, 1785 (protónimo) Chermes variegatus Olivier, 1792 Coccus pallidus Cockerell, 1929 Coccus roboris Cockerell, 1929 Coccus variegatus Gmelin, 1790 Kermes pallidus Signoret, 1875 Kermes roboris Fernald, 1903 Kermes variegatus Gmelin, 1790 Kermococcus roboris Leonardi, 1918 Talla pallida Lindinger, 1933 Talla roboris Kawecki, 1936 Talla roboris subsp. simplex Lindinger, 1949
Distribución Esta especie encóntrase en Europa e en África do Norte ao sur dos 60°, en Alemaña, Austria, Belarús, Bulgaria, Croacia, Francia, España, Grecia, Hungría, Italia (incluída Sicilia), Marrocos, Moldova, os Países Baixos, Polonia, Portugal, o Reino Unido, a República Checa, Turquía, Rusia, Ucraína e Xeorxia, e en Asia, na China.Kermes roboris (Fourcroy, 1785) en Kermes roboris (Fourcroy, 1785) In: Catalogue of Life.
Especies parasitadas Kermes roboris desenvólvese nas pólas dalgunhas especies do xénero Quercus, téndose rexistrado nas seguintes: Quercus ilex, Q. petraea, Q. pubescens e Q. robur.
Características Kermes roboris é unha grande e colorida cochinillas. As femias adultas presentan un corpo globoso, case esférico, de 8,5 mm de ancho, de cor amarela con bandas transversais e manchas ovaladas de cor parda. Os machos aínda non se coñecen.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Boitard, P. (1828): Les gallinsectes. Manuel d'entomologie ou histoire naturelle des insectes 2: 169–172. Cianferoni, F. (2019): "Review of Kermes roboris (Geoffroy, 1785), with new records for host plants, associated ants, occurrence, Italian distribution, and nomenclatural history (Hemiptera Coccoidea Kermesidae)". Journal of Zoology '''102: 81-88. Fernald, M. E. (1903): A catalogue of the Coccidæ of the world. Special bulletin. Hatch Experiment Station of the Massachusetts Agricultural College nº 88. Gavrilov, Ilya A. (2010): "Descriptions of two new species of Pseudococcidae (Homoptera: Coccinea) and additions to the scale insect fauna of Bulgaria". Zootaxa 2635: 32-40.
Outros artigos Cocoideos Quermésidos Kermes
Categoría:Sternorrhyncha Categoría:Parasitos