A adoración dos pastores é unha obra de El Greco, realizada entre 1612 e 1614 durante o seu último período toledano. Exhíbese nunha das salas do Museo Nacional de Arte de Romanía, en Bucarest, Romanía. Pertencía ao conxunto pintado para o retablo de dona María de Aragón.

Historia En 1596, O Greco comprometeuse a realizar o retablo da igrexa do colexio de dona María de Aragón, un seminario da orde agostiña. O nome popular alude a dona María de Aragón, a mecenas que pagou as obras. O Greco recibiu o encargo do Consello de Castela, que se fixo cargo das obras despois da morte de dona María. Existen documentos que testemuñan que debía realizarse en tres anos e valorouse o traballo en algo máis de sesenta e tres mil reais, o prezo máis alto que conseguiu na súa vida. Con todo, non hai referencias do número de cadros que o formaban, nin da estrutura do retablo, nin da temática tratada.

Análise Esta obra atopábase no corpo baixo do retablo. O pintor repite os esquemas aprendidos na súa estancia en Roma e nas obras realizadas para o Mosteiro de Santo Domingo o Antigo de Toledo. A figura do Neno Xesús emite un foco de luz que ilumina toda a escena e congrega ó seu arredor a Virxe María, san Xosé, un anxo e un pastor que sostén un año —símbolo do Agnus Dei—. No fondo conversan dúas persoas, característica da pintura do Renacemento.

As luces e o colorido permiten dar maior espiritualidade á escena, en sintonía coa obra de Tiziano e Tintoretto. As tonalidades parecen extraídas das mellores obras do Manierismo, mentres que a verticalidade do lenzo obriga a acentuar aínda máis as alongadas figuras, tradicionais na obra do cretense.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Adoración dos pastores (O Greco, Valencia), cadro de 1602 Adoración dos pastores (O Greco, Madrid), cadro de 1604-1606 Ligazóns externas

Adoración dos pastores na Web Gallery of Art

Categoría:Obras pictóricas de El Greco Categoría:Obras pictóricas de 1600 Categoría:Maneirismo