Seo Ye-ji, nada en Seúl o 6 de abril de 1990, é unha actriz surcoreana.
Traxectoria Estudou xornalismo na Universidade Complutense de Madrid en España e aínda que pensaba dedicarse á presentación de informativos, un directivo da súa axencia de talentos, Made in Chan Entertainment, convenceuna para dedicarse á actuación. A súa primeira aparición foi nun anuncio de SK Telecom e debutou como en 2013 como actriz na comedia Gamjabyeol 2013QR3.
Ao ano seguinte tivo un papel protagonista na serie Yagyeongkkun Ilji da MBC. En 2015 participouu en tres filmes, o drama independente Bi-mil o drama histórico Sado e a comedia Bongyi Kim Seondal. Tamén participou no vídeo musical da canción Uri Saranghaji Marayo do grupo Big Bang. En 2016 foi unha das protagonistas da serie xuvenil Murimhakgyo para a KBS2 e en 2017 da serie de misterio Guhaejwo que se emitiu en Orion Cinema Network. En 2019 protagonizou o filme de terror, Amjeon e en 2020 a serie romántica Saikojiman gwaenchana á beira de Kim Soo-hyun.
En xaneiro de 2020 Seo asinou coa axencia Gold Medalist canda os actores Kim Soo-hyun e Kim Sae-ron.
Notas
Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Seúl Categoría:Actores de Corea do Sur Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid