O Rally de Narón de 1989 foi a segunda edición de dito rally e a segunda proba da tempada 1989 do Campionato de Galicia de Rallys de Terra. Disputouse en Narón o 27 de maio de 1989 e os vencedores foron José Caamaño e José Manuel Valeiro a bordo dun Citroën Visa 1000 Pistas.

Itinerario Constou dun itinerario secreto ata a disputa do rally, con dez pasadas por tres treitos diferentes (Piscina Municipal, Pedroso e San Xiao), sumando un total de 149 km, dos cales 37,6 foron cronometrados.

Resumo No primeiro treito empataron co mesmo tempo o Citroën Visa 1000 Pistas do coruñés José Caamaño e o Renault 11 Turbo do portugués Viana Ferreira, mentres que nos restantes nove treitos Caamaño marcou o mellor tempo logrando unha cómoda vitoria. Viana Ferreira mantivo a segunda posición ata o cuarto treito cando sufriu unha saída de pista e tivo que abandonar por problemas no motor. José María Martínez Magdaleno pasou entón a ocupar a segunda praza, rematando a primeira sección a 18 segundos de Caamaño, seguido por Javier García, Andrés González e José Manuel Torres.

Na segunda sección o Lancia Delta HWD de Magdaleno envorcou, foi posto de novo sobre as rodas coa axuda duns espectadores e a continuación comezou a arder, quedando o vehículo totalmente calcinado. O seu copiloto, Manuel Campos, sufriu queimaduras, tendo que ser atendido nun centro hospitalario, ao igual que un dos espectadores. Tamén envorcou o Renault 5 GT Turbo de Javier García, situación que aproveitou Andrés González para ocupar a segunda posición final. O portugués João Enes cun Golf GTI completou o podio.

Dos 32 pilotos que tomaron a saída, só 18 chegaron á meta. Entre os abandonos estiveron tamén os Seat 124 de Marabú, Jesús Ferreiro e Estrella Castrillón, sendo no caso desta última a súa única participación como piloto nun rally, invertendo con Germán Castrillón os seus habituais papeis de piloto e copiloto. Abandonaron tras sufrir unha rotura no vehículo.

Clasificación PosPilotoCopilotoVehículoEquipoTempo1 José Caamaño José Manuel ValeiroCitroën Visa 1000 PistasEscudería La Coruña36'02”2 Andrés González Guillermo DíezSimca 1200 TIArenteiro Motor Sport38'39”3 João Enes Eduardo AraldeVolkswagen Golf GTI 1600Escudería Doble Cero38'42”4 José Manuel Torres Jorge CondeVolkswagen Golf GTI 1800Racing Club Vila do Rei38'47”5 Tino Lombán José Luis PérezSeat 124 1800Escudería Ourense39'05”6 Juan Ricardo Costoya Manuel Ángel MacíasSeat 124 2000Siroco Team Narón40'00”7 José Ignacio Ruano Miguel CouceSuzuki SJ413Escudería A. Ferrol40'13”8 Manuel Pérez Valente Eugenio PrietoCitroën GSAlacrán Motor Club40'18”9 Javier García José Ramón SánchezRenault 5 GT TurboSenra Sport40'31”10 Manuel García José Manuel PinalTalbot 1200 TIArenteiro Motor Sport40'59”11 José Emiliano Iglesias Javier CampelleSeat 127Escudería A. Ferrol41'37”12 Jośe Vázquez Mera Juan Brun PintorRenault 5 CopaSenra Sport41'40”13 Alfonso Torrente Andrés PitaSeat 124 2000Siroco Team Narón42'08”14 José Manuel Varela Jesús Manuel LorenzoSeat 127Siroco Team Narón43'32”15 Pablo Rodríguez José Manuel BoimortoTalbot 1200 TIRacing Club Vila do Rei44'36”16 Antonio Valenzuela Antonio OteroRenault 5 GTLSiroco Team Narón44'50”17 David Ferrer Gaspar SierraSeat 124 1800Escudería Ourense54'32”18 Antonio Sueiras Luis GonzálezSeat 127Siroco Team Narón55'20”Abandonos- Martínez Magdaleno Manuel CamposLancia Delta HWDArenteiro Motor Sport-- Viana Ferreira Luisa SilvaRenault 11 TurboEscudería Doble Cero-- Óscar Fernández Marco FernándezSeat 124 1800Racing Club Vila do Rei-- José Ramón García Carlos MeraSeat 124 2100Senra Sport-- Gonzalo González Jorge RamosCitroën Visa GTiSiroco Team Narón-- Antonio Bonome José Ángel RodríguezSeat 124 2000Siroco Team Narón-- Estrella Castrillón Germán CastrillónSeat 124 2000Siroco Team Narón-- Marabú Rogelio GarcíaSeat 124 1800Escudería Ourense-- Manuel Ferreiro Carlos LongaSeat 124 1800Escudería Rias Baixas-- José Ramón Conde José Javier DiéguezTalbot 1200 TIArenteiro Motor Sport-- Solo Martínez Juan Carlos IglesiasFord Fiesta 1.3Senra Sport-- Jesús Ferreiro José Manuel PampínSeat 124 Sport CoupéSenra Sport-- Julio Badía Manuel HermoMini 1275 GTEscudería Doble Cero-- Pablo Castro José Manuel RañalSeat 127Siroco Team Narón-

Notas

Categoría:Rally Cidade de Narón Categoría:Tempada 1989 do Campionato de Galicia de Rallys de Terra