Vendula Pizingerová, anteriormente Svobodová, nada como Václava Horová en Praga o 18 de febreiro de 1972, é unha activista checa contra a leucemia, presidenta do fondo da fundación Kapka naděje. Polo seu labor recibiu o título de muller do ano checa en varias ocasións.
Traxectoria A súa familia era xudía, orixinaria de Černošice. Despois de graduarse na escola secundaria, traballou nunha axencia de publicidade e logo como encargada de prensa para o Partido dos Empresarios. En 1995 casou co compositor de música popular Karel Svoboda e a parella aveciñouse en Jevany En xaneiro do ano seguinte naceu a súa filla Klárka, pero contraeu leucemia e morreu con catro anos. A raíz desa experiencia, fundou no ano 2000 o fondo benéfico Kapka naděje co obxectivo de recadar cartos para axudar os enfermos de leucemia e ao seu tratamento.
Notas
Categoría:Nados en 1972 Categoría:Nados en Praga Categoría:Activistas da República Checa