Niv Sultan, nada en Xerusalén o 16 de setembro de 1992, é unha actriz israelí.
Traxectoria Niv naceu, criouse e educouse no barrio de Kiryat Menahem. Seus pais son Merav e Shlomo Sultan e teñen tres fillos máis. Realizou estudos no Estudio de Interpretación Artística de Yoram Levinstein.
En 2013 participou, nun papel secundario, na segunda tempada da serie Yomanei HaChofesh HaGadol da Disney Channel israelí. En novembro de 2015 comezou a participar na serie de comedia La Familia na canle 10. En xaneiro de 2016 interpretou a Alma Gefen na serie Susey Pere xunto a Yon Tumarkin, Daniel Gad e Shira Naor e que se emitiu en Zoom da rede de cable HOT . En xuño de 2017 protagonizou a película xuvenil Kimaat Mefursemet e en xullo dese ano, participou na segunda tempada da serie dramática Metim LeRega'. En 2018 protagonizou a serie Yesh La Et de Keshet 12 e o filme dirixido por Tal Granite e Sharon Maimon Haneshef e nese ano tamén participou no festival infantil Festigal e na serie Eilat. En 2020 protagonizou a serie de espionaxe Tehran'' da Kan 11 no papel de Tamar Rabinyan, unha axente do Mosad. Notas
Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en Xerusalén Categoría:Actores de Israel