Eduardo Gómez Rodríguez Requejo, coñecido como Eduardo Gómez Requejo, nado en Sarria, foi un político galego.

Traxectoria Despois do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado xefe local da Falange de Sarria o 24 de xullo. Foi xulgado xunto a Mario González Zaera por traizón na causa 1176/36. En 1938 foi novamente xulgado con González Zahera e Luis López López, ex xefe local de Falange de Paradela, na causa 1/38, acusados de actividade conspiradora contra Franco, co obxectivo de minar a autoridade deste e atentar contra a súa persoa para conseguir a hexemonía de Hedilla; foron condenados a morte, pero as sentenzas foron conmutadas polas de reclusión a perpetuidade. Tamén acusado de homicidio por imprudencia e lesións, foi xulgado na Audiencia de Lugo o 20 de maio de 1937.El Pueblo Gallego, 21-5-1937, p. 9. Considerado como indutor do asasinato de Manuel Saco Rivera o 28 de agosto de 1938, foi detido xunto con Manuel Díaz López "Chaquetón" e Manuel Castro Castro "Eirexalba" e ingresou no cárcere de Lugo. Franco concedeulle o indulto polo primeiro aniversario da vitoria, en abril de 1940.El Pueblo Gallego, 3-4-1940, p. 1. En outubro de 1941 un novo decreto de Franco ordenaba remitirlle as penas.BOE, 15-10-1941, p. 7986. Traballou na Organización Sindical como oficial do Corpo Técnico Administrativo destinado no Sindicato Nacional da Construción, Vidro e Cerámica, e xubilouse en 1966.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas "Cobiza de lobos. A falange en Lugo" María Jesús Souto Blanco in I Congreso da Memoria. A represión franquista en Galicia.

Categoría:Falanxistas Categoría:Nados en Sarria Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes