16 Horsepower foi unha banda estadounidense de country alternativo baseado en Denver, Colorado. A súa música adoitaba a ter imaxinería relixiosa e falaba de conflitos, redención, castigo e culpa a través das letras de David Eugene Edwards é o forte uso de bluegrass tradicional, gospel, e instrumentación da música apalache mesturado con rock. Durante a meirande parte da súa carreira a banda estivo composta por Edwards, Jean-Yves Tola, e Pascal Humbert, os dous últimos anteriormente no grupo francés Passion Fodder. Tras publicar catro álbums de estudio e xirar extensamente o grupo separouse no ano 2005 citando principalmente diferenzas "políticas e espirituais". Os membros permanecen en activo nas bandas Wovenhand e Lilium.
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloSackcloth 'n' Ashes1996A&M RecordsLow Estate1997A&M RecordsSecret South2000Glitterhouse RecordsHoarse2000Glitterhouse RecordsFolklore2002Glitterhouse RecordsOlden2003Jetset Records
Notas
Categoría:Grupos musicais de Colorado Categoría:Grupos musicais de country alternativo Categoría:Grupos musicais formados en 1992