José Egito de Oliveira Gonçalves, máis coñecido como Egito Gonçalves, nado en Matosinhos o 8 de abril de 1920 e finado no Porto o 28 de xaneiro de 2001, foi un poeta, editor e tradutor portugués.
Publicou os primeiros libros en 1950. Tivo como actividade profesional a administración dunha editora e tamén foi xefe do Despacho de Márketing dunha Compañía de Seguros.
A súa intensa actividade de divulgación cultural e literaria concretouse, a partir dos anos 50, na fundación e/ou dirección de diversas revistas literarias, como A Serpente (1951), Árvore (1951-53), Noticías do Bloqueio (1957-61), Plano (1965-68, publicada polo Cineclube do Porto) e Limiar.
Participou en movementos antifascistas, no plano cultural e na política. Pertenceu ao M.U.D. e ás Comisións Nacional e Executiva do III Congreso de Aveiro, e desenvolveu actividades de animación cultural no Porto, tendo pertencido á dirección do Teatro Experimental do Porto, do Cineclube do Porto, da Cooperativa Árvore e da Associación de Jornalistas e Homens de Letras do Porto. Pertenceu tamén á Sociedade Portuguesa de Escritores, á Associación Portuguesa de Escritores, á Sociedade Portuguesa de Autores e o PEN Clube Portugués. Tamén ao "Congreso para a Liberdade da Cultura" (Francia) e á "Comunitá Europea degli Scrittori" (Italia). Foi membro da "Hispanic Society of America" (Nova York) e correspondente do "Centre International d'Études Poétiques" (Bélxica).
A súa obra encóntrase traducida ao francés, polaco, búlgaro, inglés, turco, romanés, catalán e castelán.
Faleceu en 2001, e o seu último libro, Entre Mim e a Minha Morte Há Ainda um Copo de Crepúsculo, foi editado cinco anos despois.
Coñecida polo seu cunho combativo e intencionalidade social, a poesía de Egito Gonçalves encontra moitas veces no diálogo e chamamento a un interlocutor non nomeado a situación comunicativa privilexiada para aludir de forma irónica ou diferida a contextos históricos, encontrando nesa mediación o distanciamento preciso para que a súa voz non ceda á expresión sentimental dun lirismo motivado por situacións tráxicas.
Obras publicadas
Poema Para os Companheiros da Ilha (1950). Col. Cítara Um Homem na Neblina (1950). Col. Cítara. A Evasão Possível (1952). Col. Cadernos das Nove Musas, deseño de Fernando Lanhas. O Vagabundo Decepado (1957). Notícias do Bloqueio. A Viagem com o Teu Rosto (1958). Europa-América, Col. Cancioneiro Geral. Memória de Setembro, (1960). Notícias do Bloqueio. Diário Obsessivo (1962). Ed. do autor. Os Arquivos do Silêncio (1963). Portugália, Col. Poetas de Hoje. O Fósforo na Palha seguido de O Sistema Interrogativo e outros poemas (1970). Dom Quixote, Col. Cadernos de Poesia. O Amor Desagua em Delta (1971). Inova, Col. Coroa da Terra. Meditação em Catarina (1972). Poster. Sonhar a Terra Livre e Insubmissa (1972). Con Luís Veiga Leitão e Papiniano Carlos. Inova, Col. Duas Horas de Leitura. Destruição: Dois Pontos (1973). Inova, Col. Indícios de Oiro. Luz Vegetal (1975). Limiar. As Zonas Quentes do Inverno (1977). Inova, Col. O Oiro do Dia, deseño de José Rodrigues. A Nordeste de Junho (1979). Inova, Col. O Oiro do Dia, deseño de Amadeu de Souza Cardoso. Poemas Políticos (1980). Moraes. Col. Círculo de Poesia, prefacio de Maria da Glória Padrão. Os Pássaros Mudam no Outono (1981). Limiar. Falo da Vertigem (1983). Limiar. Notícias do Bloqueio: Algumas Traduções (1984). Associação de Jornalistas e Homens das Letras do Porto. Dedikatoria (1989). Ed. do autor, deseño de Ângelo de Sousa. O Pêndulo Afectivo, Antologia 1950-1990 (1991). Afrontamento. Três Poetas Húngaros (1991). Limiar. E No Entanto Move-se (1995). Quetzal, prefacio de Rosa Alice Branco. O Mapa do Tesouro (1997). Campo das Letras, Col. Aprendiz de Feiticeiro, deseño de David de Almeida. A Ferida Amável seguido de Lettera Amorosa (2000). Campo das Letras, prefacio de Casimiro de Brito. Entre Mim e a Minha Morte Há Ainda um Copo de Crepúsculo (2006). Campo das Letras, prefacio de Manuel António Pina.
Premios
1977: Premio de Tradución Calouste Gulbenkian, da Academia das Ciencias de Lisboa pola selección de Poemas da Resistência Chilena 1985: recibiu o Premio Internacional Nicola Vaptzarov, da Unión de Escritores Búlgaros. 1994: Condecorado polo Presidente da República co Grau de Grande Oficial da Ordem do Infante D. Henrique. 1995: Premio Eça de Queirós, por E No entanto Move-se. 1995: Premio de Poesía da Asociación Portuguesa de Escritores, por E No entanto Move-se. 1996: Premio de Poesía do PEN Club Portugués, por E No entanto Move-se. 1998: Premio Seiva de Literatura.
Notas
Categoría:Tradutores de Portugal Categoría:Poetas de Portugal Categoría:Finados en 2001 Categoría:Nados en 1920 Categoría:Escritores de Portugal Categoría:Escritores en lingua portuguesa