Pau Donés Cirera, nado en Barcelona o 11 de outubro de 1966 e finado na mesma cidade o 9 de xuño de 2020, foi un cantante, guitarrista e compositor español coñecido por ser o vocalista da banda musical Jarabe de Palo.

Traxectoria O músico aragonés, nado e criado en Barcelona, Biografía de jarabe de Jarabe de Palo, en quedeletras.com«"En España no vivimos la música en las tripas"», en El País [...] Jarabe de Palo, la banda encabezada por el barcelonés Pau Donés. comezou a súa andaina con 12 anos. A esa idade tivo a súa primeira guitarra e adquiriu os seus primeiros discos.

Aos 15 anos, co seu irmán Marc, quen tocaba a batería, formou o seu primeiro grupo, J. & Co. Band, e máis tarde, Dentaduras Postizas. Compaxinaba desta maneira concertos en locais de Barcelona co traballo nunha axencia de publicidade. Con ese salario adquiriu o seu primeiro equipo, composto por unha gravadora, un sintetizador, unha mesa de mesturas e unha guitarra eléctrica Fender Stratocaster. Con estes medios gravou os seus primeiros temas.

Posteriormente formou Jarabe de Palo, grupo que empezou a ser coñecido no outono de 1996. O seu primeiro tema, La flaca, fíxose famoso por un anuncio de Ducados para a campaña publicitaria de Carácter Latino. O éxito do grupo naceu tras a campaña desta publicidade en plena primavera de 1997.

Saúde e pasamento O 1 de setembro de 2015 anunciou que o operaran dun cancro colorrectal,«Pau Donés: "En la vida hay que ser valiente. Hoy estás y mañana, no"», en El Periódico polo que se viu obrigado a cancelar os concertos programados en España e en América a partir de entón. O 5 de abril de 2016 anunciou na súa conta de Twitter que estaba limpo de cancro. O 8 de febreiro de 2017 comunicou unha recaída do cancro. Porén, manifestou a súa intención de afrontar a enfermidade sen parar os seus proxectos profesionais, que incluían unha xira, novo disco e libro durante o 2017.

En outubro de 2018 anunciou que deixaba a música de maneira indefinida, incluíndo o retiro temporal de Jarabe de Palo, a partir do 4 de xaneiro de 2019. O 13 de abril de 2020 informouse que o grupo volvía gravar disco coa previsión de publicalo en setembro. Porén, a publicación do que sería o seu último traballo Tragas o escupes realizouse o 28 de maio por sorpresa.

O 9 de xuño de 2020 a súa familia comunicou o falecemento do cantante aos 53 anos por causa do tumor. En setembro dese ano estreouse no cinema a película Eso que tú me das. Nela, Pau é entrevistado dúas semanas antes do seu pasamento polo xornalista catalán Jordi Évole, e fala da súa visión sobre a vida. A finais de 2020 concedéuselle a Medalla de Ouro ao mérito nas Belas Artes de xeito póstumo.:

Discografía Con Jarabe de Palo:

1996 - La flaca 1998 - Depende 2001 - De vuelta y vuelta 2003 - Bonito 2004 - 1 m² 2007 - Adelantando 2009 - Orquesta reciclando 2011 - ¿Y ahora qué hacemos? 2014 - Somos 2015 - Tour Americano 14-15 (CD/DVD) 2017 - 50 palos (10-03-2017) 2020 - Tragas o escupes

Discografía adicional:

2003 - ¿Grandes éxitos? 2004 - Colección "Grandes" 2005 - Completo, incompleto 2006 - Edición 10º aniversario "La Flaca"

Notas

Categoría:Nados en 1966 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Cantantes de Aragón Categoría:Finados en 2020 Categoría:Publicistas