A Serra de Tramuntana é unha comarca de Mallorca, nas Illas Baleares, que ocupa a parte noroccidental da illa. Como o resto de comarcas, non ten recoñecemento oficial.
Recibe o nome da principal cadea montañosa da illa, a serra de Tramuntana. Limita ao norte, oeste e sur co mar Mediterráneo, ao leste co Raiguer e ao sueste con Palma.
Concellos Andratx Banyalbufar Bunyola Calvià Deià Escorca Esporles Estellencs Fornalutx Pollença Puigpunyent Sóller Valldemossa
Categoría:Comarcas de Mallorca