O Pla de Mallorca (literalmente en catalán "Chaira de Mallorca") é unha comarca de Mallorca, nas Illas Baleares, que ocupa a parte central da illa. Como o resto de comarcas, non ten recoñecemento oficial.
Limita ao noroeste co Raiguer, ao norte co mar Mediterráneo, ao leste co Llevant, ao sur co Migjorn e ao oeste con Palma.
Concellos Algaida Ariany Costitx Lloret de Vistalegre Llubí Maria de la Salut Montuïri Muro Petra Porreres Sant Joan Santa Eugènia Santa Margalida Sencelles Sineu Vilafranca de Bonany
Categoría:Comarcas de Mallorca