Merilin Kotta, nada en Haapsalu o 7 de agosto de 1982, é unha lingüista e tradutora estoniana.

Traxectoria En 2005 licenciouse en Historia pola Universidade de Talín, e en 2007 rematou un mestrado na Universidade de Tartu en lingua e literatura castelá. Fixo estancias na Universidade de Xirona, a Universidade de Valencia e a Universidade das Illas Baleares. En 2013 doutorouse na Universidade de Tartu coa tese Manifestaciones del proceso de escritura en la narrativa breve catalana actual, dirixida por Jüri Talvet.Doktoritöö Tartu Ülikooli raamatukogu repositooriumis

Entre 2009 e 2013 foi profesora de castelán na Universidade Popular de Haapsalu, e desde 2012 é profesora de cultura española na Universidade de Talín.

Xunto con Francisco Javier López Arias, en 2020 está a coordinar un dicionario bilingüe estoniano-galego. Traducións

Kotta traduciu ao estoniano obras en lingua castelá, lingua catalá e lingua éuscara.

Pool hingest de Carme Riera (2011; do catalán) Diana, üksildane jumalanna de Carlos Fuentes (2012; do castelán) Bilbao-New York-Bilbao de Kirmen Uribe (2017, do éuscaro) Eluvälgatus. Pisarad. Haprus de Xavi Sarrià (2017, do catalán)

Recoñecementos 2018: Premio de Literatura da Universidade de Talín pola tradución de Bilbao-Nueva York-Bilbao

Notas

Categoría:Lingüistas de Estonia Categoría:Tradutores ao estoniano Categoría:Tradutores do castelán Categoría:Tradutores do éuscaro Categoría:Tradutores do catalán Categoría:Nados en 1982 Categoría:Nados en Haapsalu Categoría:Personalidades sen imaxes