Frances Elizabeth "Fran" Allen, nada en Peru, Nova York, o 4 de agosto de 1932 e finada o 4 de agosto de 2020, foi unha informática estadounidense e pioneira no campo de optimizar compiladores. Os seus logros inclúen traballo en compiladores, optimización de código e computación paralela. Tamén tivo un papel importante na creación de linguaxes de programación e códigos de seguridade para a Axencia de Seguridade Nacional Americana.IBM Corporation, "IBM Fellow becomes first woman to receive A.Crump, Micheal, "Frances Allen's Computer Tipping", UAB Kaleidoscope magazine, University of Alabama at Birmingham, 21 de setembro de 2009.
Allen foi a primeira socia de IBM e en 2006 converteuse na primeira muller gañadora do Premio Turing.
Traxectoria Allen creceu nunha granxa en Peru (Nova York) e obtivo un máster en matemáticas pola Universidade Estatal para Profesores de Nova York en 1954.Lohr, Steve (6 de agosto de 2002) Recibiu un grao en matemáticas na Universidade de Míchigan en 1957 e comezou ensinar en Peru, Nova York.Lasewicz, Paul (5 de abril de 2003) Endebedada polos seus estudos universitarios, uniuse a IBM o 15 de xullo de 1957, planeando quedar só ata pagar as súas débedas; porén, acabou por quedar os 45 anos que quedaban de carreira.
Allen foi asignada ao proxecto Harvest para descifrar código coa Axencia de Seguridade Nacional en 1959 e traballou nunha linguaxe de programación chamado Alpha. Dirixiu o equipo de optimización do compilador tanto para Harvest como para o proxecto Stretch. Na década de 1960 contribuíu ao proxecto ACS-1 e na década de 1970 a PL/1. De 1970 a 1971, pasou un ano sabático na Universidade de Nova York e exerceu como profesora adxunta durante uns anos despois. Outro ano sabático levouna á Universidade de Stanford en 1977.
Allen converteuse na primeira socia de IBM en 1989. En 2007 IBM creou o Premio Doutor da Camaradería na súa honra e no 2006 obtivo un premio Turing.
A cita do Premio Turing di:
Premios e honras miniatura|Fran Allen recibindo o Premio Discurso Distinguido Erna Hamburger en EPFL, 6 de maio de 2008 Allen é socia do IEEE e a Asociación dos Sistemas Informáticos (ACM). No ano 2000, foi nomeada Socia do Museo Histórico de Computadores, "polas súas contribucións por optimizar a programación e compilar para ordenadores paralelos". Forma parte da Xunta de Telecomunicacións e Informática, a xunta da Asociación da Investigación Informática (CRA en inglés) e o consello consultivo do sector dedicado á Informática e o TIC da Fundación de Ciencia Nacional Estadounidense. É membro da Academia Nacional de Enxeñaría e a Sociedade Filosófica Estadounidense. Foi elixida socia da Academia Estadounidense das Artes e das Ciencias en 1994.
En 1997, Allen foi incorporada ao Salón da Fama das Mulleres na Tecnoloxía. Retirouse de IBM en 2002 e ese ano gañou o Premio Augusta Ada Lovelace da Asociación de Mulleres Informáticas.
En 2007 Allen estivo recoñecida polo seu traballo en informática de alto rendemento cando recibiu o Premio Turing en 2006. Por isto converteuse na primeira muller en gañar o premio de corenta anos de historia, o cal está considerado o equivalente do Premio Nobel para a computación e é outorgado pola Asociación dos Sistemas Informáticos. Foi galardoada cun Doutoramento de Honra en Ciencia na Gala de Inverno da Universidade SUNY de Albania.Associated Press (21 de febreiro de 2007). Na entrevista tras obter devandito premio, Allen esperaba que daría máis "oportunidades ás mulleres na ciencia, na informática e na enxeñaría". En 2009 foille outorgado un Doutoramento de Honra en Ciencia da Universidade McGill polas súas "contribucións pioneiras á teoría e práctica de optimizar técnicas de compilación que forxou a base para optimizar compiladores modernos e a execución paralela automática". Na súa conferencia presentada a ACM, Allen describiu o seu traballo.
Vida persoal Allen casou co profesor da Universidade de Nova York Jacob T. Schwartz en 1972. Divorciáronse dez anos despois. Non tivo fillos.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Mulleres na informática Ligazóns externas Abecedario de mulleres na Informática Frances Allen: 2000 Fellow Awards Recipient vía Computer History Museum Fran Allen on Compilers and Parallel Computing Systems Notes from her 2008 Organick Memorial Lecture
Categoría:Nados en Nova York (estado) Categoría:Nados en 1932 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Personalidades da informática Categoría:Finados por alzhéimer