O feminino xenérico é unha convención lingüística, caracterizada polo uso gramatical do xénero feminino para referirse tanto a persoas de sexo masculino como feminino (por exemplo, "as políticas" para referirse en conxunto aos políticos homes e ás políticas mulleres).
Historia
Esta convención estivo ausente en todas as linguas do mundo até finais do século XX. Nesa época algúns falantes dalgunhas linguas románicas comezaron a utilizar nalgunhas ocasións o feminino como xenérico. Xa no século XXI comezouse a empregar como convención nalgúns medios de comunicación en lingua galega, como Nós Diario. Notas
Outros artigos Masculino xenérico
Categoría:Gramática Categoría:Xénero