Ne Zha (en ; Nézhā zhī Mótóng Jiàngshì), tamén escrito como Nezha,O nome está romanizado como Ne Zha como título do filme mais "Nezha" é o nome oficial do personaxe. é un filme chinés de animación de 2019 dirixido e escrito por Jiaozi. A produción da animación foi realizada por Chengdu Coco Cartoon, do propio director. Conta a historia do popular personaxe da mitoloxía chinesa Nezha, e o argumento está vagamente baseado na novela clásica Fengshen Yanyi, atribuída a Xu Zhonglin.
Estreouse na China exclusivamente en cinemas IMAX e China Film Giant Screen o 13 de xullo de 2019, e posteriormente noutros cinemas o 26 de xullo, sendo distribuído por Beijing Enlight Pictures. É o primeiro filme de produción chinesa estreado en formato IMAX, e, malia ser o primeiro filme do director e do estudio de animación, e non contar con voces coñecidas de dobraxe, foi un dos meirandes éxitos comerciais da historia da animación e do cinema chinés, estabelecendo numerosos récords de recadación: en agosto de 2019, era o filme de animación con maior recadación da China, e o segundo filme en lingua non inglesa con maior recadación de tódolos tempos. Con máis de 725 millóns de dólares, foi o cuarto filme de animación do ano e o segundo de tódolos tempos na China.
Foi escollido como candidato da China para o Óscar ó mellor filme internacional na 92ª edición dos premios, converténdose no primeiro filme animado da China en conseguilo, mais finalmente non foi nomeado. Unha secuela, Jiāng Zǐyá, será estreada a comezos de 2020.
Personaxes Lü Yanting como Nezha de neno, fillo de Li Jing e Lady Yin. Joseph (囧森瑟夫) como Nezha adolescente Han Mo como Ao Bing Chen Hao como Li Jing Lü Qi como Lady Yin Zhang Jiaming como Taiyi Zhenren Yang Wei como Shen Gongbao
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes da China propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 92ª edición dos Óscar Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua mandarín Categoría:Filmes da China