Lásky jedné plavovlásky é un filme checoslovaco de 1965 dirixido por Miloš Forman. Conta a historia dunha muller nova, Andula, que ten un traballo rutineiro nunha fábrica de zapatos e que tenta estabelecer unha relación amorosa. Foi nomeado ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 39ª edición dos premios.

Sinopse Andula é unha traballadora que vive nunha colonia dunha fábrica. Logo dunha festa fai o amor con Milda, pianista dunha banda que visita a colonia. Despois desta experiencia, Andula marcha a Praga, onde vive Milda, sen que el o saiba. Mais Milda vive cos seus pais e comeza unha cómica situación pola visitante inesperada.

Personaxes Hana Brejchová como Andula Vladimír Pucholt como Milda Vladimír Menšík como Vacovský Ivan Kheil como Maňas Jiří Hrubý como Burda Milada Ježková como nai de Milda Josef Šebánek como pai de Milda Josef Kolb como Pokorný Marie Salačová como Marie Jana Nováková como Jana Táňa Zelinková como Girl Zdena Lorencová como Zdena Jan Vostrčil como coronel Antonín Blažejovský como Tonda

Recepción Trala súa estrea, Lásky jedné plavovlásky foi un éxito popular no seu país e foi proxectado en varios festivais importantes. O filme foi candidato ao Globo de Ouro ao mellor filme estranxeiro e ao Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa. A revista Empire situouno no posto 89 dos "100 Mellores Filme do Mundo" en 2010.

A crítica checoslovaca tendeu a centrarse na negatividade que se percibía no filme sobre as condicións sociais e políticas do país, e por iso non foi distribuído na Unión Soviética.Hames, 119.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Checoslovaquia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 39ª edición dos Óscar Bibliografía

Forman, Miloš and Jan Novák. Turnaround: A Memoir. Nova York: Villard Books, 1994. Hames, Peter. The Czechoslovak New Wave. Londres: Wallflower Press, 2005. Liehm, Antonin J. The Miloš Forman stories. White Plains NY: International Arts and Sciences Press, 1975. Slater, Thomas J. Miloš Forman: A Bio-Bibliography. Nova York: Greenwood, 1985.

Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Criterion Collection essay by David Kehr Loves of a Blonde review from the New York Times.

Categoría:Filmes de 1965 Categoría:Filmes en lingua checa Categoría:Filmes de Checoslovaquia Categoría:Filmes dirixidos por Miloš Forman Categoría:Filmes rodados na República Checa Categoría:Filmes ambientados en Praga